fbpx

SIGNOS CON ANTONIO RUZ E ISABEL VILLANUEVA

When:
10 Xuño, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-06-10T20:30:00+02:00
2022-06-10T20:45:00+02:00
Where:
Teatro Principal
Cost:
10 €

“Ela toca sentada, camiña, sobe á mesa, baila, tómbase, durme, frota, corre, berra, mírase ao espello, íspese, acende a luz, pecha os ollos, sorrí…”

A orixe deste proxecto nace do desexo da violista Isabel Villanueva e o coreógrafo Antonio Ruz por colaborar nunha obra escénica multidisciplinar que abra unha nova xanela á música clásica e a danza contemporánea.

Este encontro de linguaxes propón, sen prexuízos, un diálogo entre o son, o movemento, a voz, os obxectos e a luz (ou a ausencia dela).

Un concerto dramatizado? Un recital de viola coreografiado?

Cun concepto estético e un deseño de iluminación depurados, a bela e complexa arquitectura sonora das pezas/miniaturas musicais dos compositores György Kurtág e Johann Sebastian Bach interpretadas maxistralmente por Isabel, fundirase coa partitura corporal proposta por Antonio; unha dramaturxia que navega entre o onírico, o poético e o inquietante. Nesta atmosfera de soidade acompañada, Isabel e a súa viola, custodiadas por Antonio (o seu alter ego, sombra, consciencia), emprenderán unha viaxe física e emocional que non deixará a ninguén indiferente.