Revista en papel

Revista Pincha ofrece aos seus lectores información próxima, directa e desenfadada sobre a gastronomía, a cultura e o lecer en Santiago de Compostela, A Coruña e Galicia.

Cunha imaxe coidada e unha linguaxe próxima, achega recomendacións, reportaxes e contidos de interese para descubrir onde comer, que facer e que visitar, tanto para residentes como para visitantes.

A edición en papel inclúe reportaxes, entrevistas, unha completa axenda cultural e seccións dedicadas á música, ao cinema, ao teatro, á literatura, ao turismo, á hostalería e a toda a actualidade gastronómica e cultural.

Se queres recibir cada novo número en formato PDF antes que ninguén directamente no teu correo electrónico, inscríbete aquí.

Preme na portada para ler o número actual ou consulta tamén todos os números anteriores da Revista Pincha.