fbpx

Xente Pincha

Entre Músicas

Espazo dedicado a todos os amantes da música aos que lles guste saber que senten os artistas, como traballan, se forman…

Un recuncho de entrevistas que tratan de ir un pouco máis “ao fondo” da personalidade dos grandísimos músicos que temos no noso país, realizadas pola xornalista e vocalista de A Banda da Loba, Xiana Lastra.

Preme na imaxe para ler os artigos de Xiana Lastra.

Crusat & Costas

José Crusat e Lorena Costas dannos a súa visión dos viños galegos, contando desde a súa orixe, ata as súas características e con que maridan.

Atréveste a ir de cata con eles?

Preme na imaxe para ler os seus artigos.

Jéssica Pintor

Sabedes aquelo de “Como coñecín a vosa nai?”, pois a resposta é, claramente: Nun bar! Porque TODO pasa nos bares…

A miña obriga como xornalista é encher o peto de ‘chismorreos’, novidades, de nomes de cociñeiras, de aventuras cos camareiros e hosteleiros de Santiago. Aquí escribirei sobre pratos estrela ou estrelados, sobre reducións, emulsións, espumosos e o que me boten! Vides?

#apapar

Juan Vázquez leva ao seu alter ego @JuanEAT_o a probar os mellores pratos dos restaurantes de Santiago e a súa comarca.

Cal será o seu veredicto?

Preme na imaxe para ler os seus artigos.

Ruth Ríos

Nesta sección falamos de libros e tamén dos seus autores.

Ruth Ríos entrevista a escritores e escritoras disposta a coñecer todo o que nos queren transmitir coas súas obras.

A gorida do artista

A pintora Inés Silvalde fai un percorrido polos lugares onde comeza a xestación da obra artística. Nesta sección comparte tempo e espazo con artistas plásticos, artesáns e artistas audiovisuais de Compostela e arredores.

Preme na imaxe para ler os artigos de ‘A gorida do artista’.

Somos Compostela

A xornalista e comunicadora compostelá Silvia Castiñeiras cóntanos as historias dos seus veciños e veciñas, a través de entrevistas e reportaxes que, como non podía ser doutro xeito en Pincha, sempre teñen un toque gastronómico e/ou cultural.

Preme na imaxe para ler todos os seus artigos.

666 RPM

O crítico musical César Varela escribe 666 RPM, unha sección na que dá a coñecer aos lectores bandas da nosa cidade que están de actualidade e que traballan desde o subterráneo.

Tamén fala de eventos musicais e culturais que teñan lugar en Compostela.

Varela está a preparar un libro sobre a Historia do Rock Compostelán (1974-2007).

Patricia Dopazo

Son a creadora de www.gentequecuenta.com,  un blog de xente e para xente.

Todos e todas temos unha historia que contar, unha meta ou propósito na vida.‘Gente que cuenta’ descobre xente coa que podemos aprender ou pasar un bo rato, proxectos de persoas que día a día loitan para seguir adiante. O obxectivo é afondar nas vidas de xente coma ti ou coma min, coa que te cruzas pola rúa.

Javier Pereira Gasamáns

Reparto o meu tempo entre a libraría de segunda man que rexento (Re-Read A Coruña) e o bar que comparto con dous bos amigos (Siglo).
Cando non estou poñendo copas ou recollendo libros, tento descubrir algunha nova banda, ou desfrutar dun bo libro ou un bo filme. 
Ocasionalmente xunto algunhas cantas verbas para quen mo pide. 

Ana Romero

Son Ana Romero, unha coruñesa que tras viaxar polo mundo aprendendo idiomas asentouse en Madrid para desenvolver a súa carreira profesional como xornalista. Encántame escribir, viaxar, a música en directo e comer. É por iso que quero contarlle a todos os galegos e galegas que outros paisanos temos por Madrid e que nos conten a súa historia. 

Antonio Sanjurjo

O meu nome é Antonio Sanjurjo, son fotógrafo profesional especializado en gastronomía e produto. Apaixoado da boa comida, da nosa terriña e coleccionista de cómics ¡Por Crom! 

Se ti es das persoas que precisan compartir imaxes do que teñen no prato, xa sexa por cociniñas, foodie, chef, community manager ou larpeira, nos meus artigos atoparás breves consellos que mellorarán as túas imaxes gastronómicas en menos do que se come unha croqueta.

Cos nosos ollos

A estudante Marta Seoane analiza a actualidade cultural e gastronómica de Santiago e a súa contorna, desde o punto de vista das persoas novas. Conta Compostela cunha oferta atractiva para elas? Que sobra? Que botan en falta? Que programarían se tivesen a oportunidade? Que bares recomendan?

Comenta nas redes sociais utilizando o cancelo #cosnososollos

O consello de Lenzo

Sección na que Uxía e Cata, de Lenzo Estudio, nos dan ideas para axudar aos lectores e lectoras da revista a sacar partido á súa comunicación. “Queremos amosarlles a cara máis amable do márketing, que non o entendan só como publicidade e que non sexa o que deixan para o que sobra de orzamento a fin de mes, porque nunca sobra! Porque que hai máis importante no teu negocio que o teu produto ou servizo chegue ben aos teus clientes?”.