Artesanía de Galicia para sorprender nestas festas
Nestas festas, os agasallos que fagas poden sorprender, emocionar e contar algo de nós. Se buscas saír do habitual, as pezas de Artesanía de Galicia teñen moito que ofrecer: deseños orixinais, materiais diversos e propostas para todos os gustos, creadas por profesionais que fan de cada obxecto algo único. Descubre estas ideas e deixa que o talento galego sexa protagonista do teu Nadal.
Chaqueta ROYAL de Tuuinx
(Ames, A Coruña) @tuuinx_fashion
Chaqueta frouxa e acolchada con recheo de algodón. Leva botóns de madeira e está confeccionada en tea denim de algodón 100% cun tacto moi agradable e suave. A prenda está decorada con bordados animais e florais realizados á man en cores vivas e alegres. É unha peza única, quentiña e moi poñible para esta tempada. Talla única.
PVP: 225€
Xersei Sierra de Materia botánica
(Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) @materiabotanica_
Xersei Sierra en cor melange, tinguido á man con casca de granada e raíz de loura tinctorum, mediante a técnica de tintura solar. Tecido en punto brioche con la meiriña, a partir dun fío creado desde cero con pura la meiriña de rabaños das devesas de Estremadura. Unha peza cómoda, de xénero neutro e pensada para durar.
PVP: 320€
Broche As Dúas Marías de Ana Miguéns
(Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) @ana.miguens.galiciafeitaaman
Inspirado en Maruxa e Coralia, dúas mulleres que forman parte da memoria e da identidade de Santiago de Compostela.
Deseñado e elaborado á man por Ana Miguéns, é unha pequena homenaxe a dúas figuras que se converteron en símbolo da cidade.
PVP: 37€

Bolso de Coiro tres pés (Pontevedra) @coirotrespes
Un bolso con carácter, no que o trenzado deixa de ser un simple recurso ornamental para converterse no verdadeiro protagonista. Unha peza que reivindica o valor do feito á man, o tempo dedicado a cada detalle e a beleza de crear algo único a partir dun material tan nobre coma o coiro vacún de curtición vexetal, curtido en Galicia.
PVP: 380€

Neceser de Ana Trasariz (Vimianzo, A Coruña) @anatrasariz
Neceser confeccionado en toalla jacquard. O seu interior leva forro de algodón e peche de cremalleira. Está dispoñible en varias cores.
PVP: 28€

A CABRA PILAR de Tokillama
(Ferrol, A Coruña) @makito_tokillama
Pilar naceu na Fonsagrada, pero agora vive co seu rabaño moi preto de Cedeira. Está feita en la de ovella galega e la meiriña extrafina de alta calidade coa técnica de feltro de agulla. A súa vestimenta de algodón, liño e encaixe valencienne está realizada á man con moito mimo. Cada peza é única e ten unha altura aproximada de 40 cm.
PVP: 195 €

“San Martiño” de Ferraxe de prata
(Teo, A Coruña) @ferraxedeprata
Colgante de prata “San Martiño”, elaborado a partir da reutilización dunha miniatura de cabalo de porcelana China escachada.
PVP: 160 €

Pendentes de Laura Triñanes
(Santiago de Compostela) @lauratrinanes
Pendentes escaladores realizados en prata con tres acabados diferentes que poden ser prata, prata esmaltada e prata chapada en ouro.
PVP: 37 € (prata), 39€ (prata esmaltada)
e 49 €(prata chapada en ouro)

OLIVA de Calzados Losal
(Monforte de Lemos, Lugo) @calzados_losal
Elegancia, comodidade e estilo únense en OLIVA, un deseño de Calzados Losal pensado para mulleres que buscan marcar a diferenza. Calzado artesanal de pel, fabricado en Galicia, que combina calidade e personalidade para regalar algo máis que uns zapatos: regalar estilo, confort e tradición.
PVP: 100 €
Tote bag Alondra de Mundaya (Santiago de Compostela) @mundayabags
Mundaya é unha marca de bolsos e mochilas artesanais creados por Lara Santomé. A súa filosofía é o slow fashion, producindo pezas atemporais, funcionais e sen plásticos. A lona encerada é o seu sinal de identidade: unha lona de algodón bañada en cera que a converte en resistente á auga. Ademais conta con petos interiores para manter todo ben organizado.
PVP: 85€

COLO ROYAL LINE DE LOGARO (Ourense) @hilokunedelogaro
Estrutura envolvente e rotunda de Royal Line, elaborado en gancho. Deseños atemporais tecidos un a un. Tes unha combinación de cores en mente? Cada peza elabórase de forma artesanal e é 100% personalizable: elixe a paleta, as fibras e as medidas para crear unha prenda única, pensada exclusivamente para ti.
PVP: 49€

Xoias de Fernando Gallego
(Outes, A Coruña) @fernandogallegoxoieiro
Fernando Gallego presenta estes aneis de ouro rosa con diamantes e de ouro amarelo con turquesas. Ambos de ouro de 18K e con pedras naturais. Son pezas feitas á man e entréganse con certificado numerado.
PVP: 989€ (anel de ouro rosa con diamantes)
e 749 € (anel de outro amarelo con turquesas)