O agasallo perfecto en Vinos Arana
Por Patricia Dopazo de Gente que cuenta
Que lle agasallo? Será a pregunta máis recorrente de todos nestas próximas datas. Teño que confesar que me gusta máis dar que recibir e, á hora de recibir, prefiro os momentos e o tempo.
“Corriendo un tupido velo”, unha frase roubada a un gran profesor de literatura dos meus anos de estudante no instituto, vou deixar de lado as percepcións persoais sobre estas celebracións e sacar o meu espírito do Nadal. Non son do clan do Grinch, non penses que os tiros van por aí.
A xenerosidade, a bondade, a empatía, o amor, a paz... todos estes principios e fundamentos parécenme marabillosos e algo que quizais se esqueza entre tanta présa, estrés e cousas do facer diario. Logo chegan estes días e boom! Lembramos que o mundo precisa da nosa humanidade.
Dar significa entregar algo a alguén, sen recibir nada a cambio, como mostra de cariño ou consideración. Unha forma marabillosa de conectar, vincular, mostrar sentimentos e gratitude. Pero... sabes a orixe de por que se agasalla no Nadal? Este costume remóntanse á combinación de diferentes celebracións e simbolismo ao longo da historia.
Os romanos celebraban as festas Saturnalia nas que intercambiaban todo tipo de agasallos. Esta tradición perdurou ata a actualidade pola súa importancia na creación de lazos sociais. Estas festas comezaban o 17 de decembro e duraban unha semana. Conmemoraban a Saturno, deus da agricultura e da colleita. O cristianismo adoptou os costumes e estableceu a data do nacemento de Cristo o 25 de decembro. En todas non faltaba comida, bebida e agasallos.
E que lle agasallo? Podería facer unha lista infinita de recomendacións, pero quedo cunha e é unha botella de viño. Sentimentos, cultura, historia, tradición, valores, traballo, amor... Son moitos os factores que me levan a ela. O viño é algo que une, comunica e que esta cheo de sentimentos. É historia gardada nunha botella e é historia que se pode facer grazas a ela. Creador de momentos e vínculos. É difícil esquecer unha boa conversa compartindo unha botella de viño. O seu forte valor simbólico facilita a miña preferencia.
En Coruña temos a sorte de contar con Vinos Arana, unha tenda especializada en viño. Patxi seguro que atopará o viño perfecto para a ocasión ou persoa. Situado en pleno centro da Coruña, rúa Galera 41, aquí atoparás unha ampla e variada selección de viños e un asesoramento único, profesional e honesto.
Regalar viño sempre será un acerto.
Que é Arana e unha frase que a defina.
Unha tenda de viños. A atención.
Cando naceu e que a fai diferente.
Nace no ano 2017. O que o fai diferente é o espazo para mirar os viños sen présa.
Por que viño? Fálanos dese vínculo.
Gústame o viño dende pequeno, o meu paso pola hostalería e a curiosidade fixeron o resto.
Que referencias, estilos, tipos de viños podemos atopar?
Hai moitas referencias! Estilos, tamén. A metade da tenda é Galicia e a outra, o resto do país.
Que cres que caracteriza un bo servizo na venda de viño, por que é importante?
Para min o máis importante é escoitar. Sen iso, xa tes tendas en liña.
Como definirías os gustos da clientela coruñesa, o que máis lle gusta e o que menos lle gusta?
O gusto tende a variar máis pola idade que, polo estándar, é máis ben clásico; pero a mocidade está máis aberta á variación.
Cales son os gustos da clientela estranxeira?
Adoita gustarlle o viño galego e chámalle a atención que os bares ofrezan primeiro outros viños.
O viño dáse de agasallo? Que prima nas eleccións?
Moito! O que prima é que sexa unha marca recoñecible.
Algunhas anécdotas curiosas durante este tempo.
Unha anécdota recorrente é que moitas veces me preguntan por que lle engaden tanta froita ao viño...
Que opinas do sector na actualidade?
Pola miña banda, diría que sobre o viño se dá un discurso moi técnico e se espera que o consumidor se interese pola xeoloxía ou a química, cando só quere viño.
A metade das referencias de Vinos Arana son de Galicia e a outra metade, do resto de España. Foto: Iván Barreiro
“Á clientela estranxeira gústalle o viño galego e chámalle a atención que nos bares ofrezan primeiro outros”
RECUNCHO PERSOAL
Un lugar.
Na montaña coa bici.
Un sabor.
A améndoa.
Un cheiro.
A mar.
Un restaurante.
Jaleo.
Unha uva.
Sousón.
Unha comarca ou DO.
Ribeiro.
Algo que non pode faltar na túa vida diaria.
O café.
Unha referencia.
As adegas do meu avó.
Unha palabra.
Amor.
Unha canción.
‘Heroes’ de David Bowie.