Hostelería Selección: “Os tequilas premium son auténticos tesouros”
Cos ollos xa postos no Nadal, achegámonos ata as instalacións de Hostelería Selección, na Coruña, para coñecer o seu traballo e descubrir os seus tequilas premium, unha bebida que conta cada vez con máis seguidores.
Sonia Molero, José Manuel Suárez e Rocío Jiménez recomendan para as festas que están a piques de chegar, ante todo, antepor a calidade á cantidade. “É unha época especial para descubrir e compartir. Por exemplo, regalar un viño en formato magnum de escasa produción ou para os máis atrevidos, abrir unha botella de tequila anello na mesa e atreverse a probar”, aconsellan.
Un dos vosos puntos fortes en Hostelería Selección son os destilados premium. Que demanda teñen este tipo de produtos?
Este é un mundo que cambia de maneira cíclica e esforzámonos por estar ao día constantemente, incluso avanzándonos ás tendencias. Tras una época na que a xenebra ocupaba moitas dos nosos estantes, identificamos hai xa uns meses unha grande demanda a nivel mundial de tequilas de calidade e un gran cambio no seu consumo. Esta bebida pasou de ocupar as cartas dos mellores restaurantes e coctelarías do mundo, a estar presente en moitos momentos de ocio relacionado coas bebidas espirituosas.
Cales son as principais características dos vosos tequilas premium?
Trátase de auténticos tesouros que representan a historia e o territorio dun país, moi coidados, para degustar e gozar con calma.
Destacariamos unha das nosas últimas incorporacións, Tequila ‘Tres Generaciones’, pola súa importancia histórica e pola súa relevancia na Denominación de Orixe Tequila (DOT).
O seu creador “Don Javier” pretendía honrar aos seus antepasados e liderou a creación da Denominación de Orixe Tequila, velando así pola protección desta bebida. Baixo o paraugas de tres xeracións, hai tequilas para diferentes padais, todos eles moi amables tras as súas tres destilacións:
- Prata: Fresco e cítrico, perfecto para un bo margarita.
- Repousado: Lixeiramente avainillado xa que pasa certo tempo en barrica de carballo americano.
- Anello: Complexo e elegante, lixeiramente afumado tralo seu paso de 12 meses en barrica.
Onde podemos adquirir os vosos produtos?
O noso factor diferenciador é a atención personalizada, polo que recomendamos a visita ás nosas instalacións en Pocomaco para vivir a experiencia completa. Ocasionalmente abrimos viños e destilados para que os nosos clientes poidan probalos.
Tamén atendemos por correo electrónico, a través de noso Instagram e teléfono. Realizamos envíos a toda España.
Que obxectivos vos marcades para o futuro?
Seguir na nosa liña e, sen dúbida, mellorar, achegar o traballo dos produtores aos consumidores, facer chegar os destilados a un maior numero de persoas e innovar na temática das nosas catas. Ameazamos cunha cata de tequila premium en breve! 😉
“Destacariamos unha das nosas últimas incorporacións, Tequila ‘Tres Generaciones’, pola súa importancia histórica e pola súa relevancia na Denominación de Orixe Tequila (DOT)”
HOSTELERÍA SELECCIÓN
Hostelería Selección é unha tenda de viños e destilados premium, situada no Polígono de Pocomaco (A Coruña), dirixida exclusivamente ao público xeral. Aposta por un servizo de alta calidade contando cun equipo de expertos sumilleres que asesoran e informan dos proxectos que hai tralas botellas. A través de catas e actividades relacionadas conseguiu ser un lugar de reunión para afeccionados ó viño e aos destilados.
Nace como tenda nos anos 40 situándose, durante a súa historia, en diferentes lugares da cidade da Coruña. Despois duns anos pechada e xa en pandemia, é cando abre a tenda como é na actualidade. “No verán do 2020 tomouse a decisión de reabrir cun concepto rompedor, pretendendo situarse como ‘a mellor’ tenda de viños e destilados da cidade. Ofertamos un gran número de referencias de múltiples estilos, para distintos clientes, diferenciándose en canto ás novas tendencias do sector”, explican Sonia Molero, José Manuel Suárez e Rocío Jiménez.
Aquí atopamos unha gran e coidada selección de viños de pequenos produtores nacionais e internacionais, proxectos de culto, grandes clásicos… En definitiva, viños que non se atopan nun lineal de supermercado, pero de todos os prezos. “A nosa idea é democratizar o viño de calidade e que o consumidor poida acceder a proxectos que doutra maneira sería difícil facelo. Por exemplo, viños que beberon nun restaurante, viños que obtiveron unha gran puntuación por parte dos críticos ou viños que son tendencia internacional”, aseguran.
Se queres descubrir máis sobre Hostelería Selección, podes facelo a través do seu Instagram: @hosteleriaseleccion