A CoruñaGastronomía

22 locais hostaleiros da Coruña participan no Concurso de Tapas Picadillo

O Concello da Coruña pon en marcha a XXII edición do Concurso de Tapas Picadillo co obxectivo de dinamizar e promocionar a oferta turística gastronómica da cidade, o sector hostaleiro poñendo e os productos de tempada e proximidade.

Esta iniciativa non deixa de ser unha homenaxe anual á figura de Manuel María Puga y Parga, coñecido por todos como alcalde Picadillo. As receitas do seu libro ‘A Cociña Práctica’, inspiran hoxe este concurso de tapas que se celebra na cidade para por en valor a cociña local e, ó tempo, impulsar o turismo gastronómico nunha das épocas do ano (antesala das festas do Nadal) que xunta máis clientes nos locais hostaleiros da cidade. 

O certame gastronómico, o máis antigo de estas características en Galicia, desenvolverase do 20 ao 29 de novembro. O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou a XXII edición do concurso en Ultramarinos Galera, un dos restaurantes participantes, destacando que “o Goberno de Inés Rey promover este concurso para poñer en valor a creatividade hostaleira e gastronómica da cidade durante o mes de novembro, mes que acostuma a ser de menos afluencia no sector ao preceder ao período de Nadal”.

Esta 22 edición contará precisamente coa participación de 22 locais que compiten con 25 elaboracións nas dúas modalidades deste certamen gastronómico. Na web tapaspicadillo.es figuran polo miúdo as 25 tapas do concurso cunha breve referencia ás características da súa elaboración e ingredientes, así como os horarios de degustación nos locais participantes.

Repartiranse por todos os locais e lugares de pública afluencia os folletos das 4 rutas de tapas ao obxecto de propoñer  un plan de paseo pola cidade coas fotos das tapas e a ubicación dos locais. Durante 10 días, os establecementos participantes terán a disposición do público as tapas do concurso: 11 na categoría de Tapa Recetario Picadillo e 14 máis na de Tapa Creativa.

Todas elas están inspiradas na obra ‘A Cociña práctica’, o gran manual da cociña tradicional galega, publicado no 1905 no que Picadillo, a través do seu gran coñecemento da cocina da casa e o seu inmenso sentido do humor, recreou máis de 1.000 receitas  tradicionais que un século despois seguen defendendo o valor da cocina popular.

Para facilitar o desenvolvemento do concurso, cada un dos locais participantes disporá dun cartel coas fotografías das tapas coas que concursan, e un código QR con toda a información relativa aos ingredientes e técnicas de elaboración. Participarán dous xurados profesionais en dúas fases diferenciadas. Na primeira, 4 xuíces recorrerán os locais degustando as distintas creacións e ditaminarán aquelas que pasarán á fase final. Un novo xurado de 5 recoñecidos expertos gastronómicos e no que participará Chau Fernández- Gago Puga, neta de Picadillo, ditaminará a tapa gañadora en cada unha das dúas modalidades.

Este ano, ademáis dos premios en metálico (1.000 euros en cada categoría), os gañadores das mellores tapas terán a posibilidade de realizar un curso de cocina innovadora no Basque Culinary Center de San Sebastián, valorado noutros 1.000 euros. Haberá tamén premio para a tapa que reciba o maior número de votos do público, que poderá participar votando a través do código QR que estará dispoñible e visible en distintos puntos de cada establecemento. O público participante entrará nun sorteo público de diversos  premios cuxo resultados se anunciarán na web do concurso.

“A calidade dos ingredientes, esencia da cociña atlántica, dará vida a esta experiencia gastronómica, que de seguro animará a cidadáns e visitantes a probar e votar ás mellores receitas”, indicou o edil. O concelleiro Gonzalo Castro quixo agradecer á súa participación á neta de Picadillo Chau Fernádez-Gago y Puga e a Ultramarinos Galera, elixido para esta presentación, en recoñecemento o premio a mellor tapa Receitario Picadillo 2025, que obtivo Álvaro Victoriano, coas súas “Albondigas con salsa de almendras”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.