EntrevistasGalicia

Ramón, de Laia Zapateiros: “O noso calzado é san para o pé”

Ramón Laia leva máis de 30 anos en Melide facendo calzado de maneira artesanal no seu obradoiro-tenda Laia Zapateiros, no corazón do Camiño de Santiago. Das súas mans saen botíns, sandalias, mocasíns ou complementos como carteiras e bolsos.

Ramón só emprega materiais naturais e remata os seus zapatos en secadeiros naturais, de forma que obtén un calzado san e que transpira.

Se queres saber máis deste artesán que conta coa marca de Artesanía de Galicia, non perdas a seguinte 'Entrevista con Xeito'.