Axenda
- Categories
-
Tags
a baña A banda da Loba A Corula A Coruña A Estrada A Pobra do Caramiñal aCentral Folque Acrobacias actividades Afundación Agolada Alameda Ames Apóstolo Apóstolo 2022 Area Central arpa arte arte urbana Artes vivas artesanía Artesanía de Galicia Arzúa Ascensión Asociación Hostelería Compostela Atardecer no Gaiás Atlantic Pride Atlántica Auditorio Abanca Auditorio de Galicia Auditorio do Centro Sociocultural Ágora Auditorio do Fórum Metropolitano Ballet Banquete de Conxo Benéfico Bertamiráns Biblioteca de Galicia Biblioteca provincial da Coruña Biblioteca Pública Ánxel Casal Biduído BLUE espazo de creación Bodegas Martín Códax Boimorto Boqueixón Boucatise Boyanka Kostova Brión Café Derby caldo de gloria Cambados Camiño de Santiago Campus Sur Cans carreira Casa da Troia Casa da Trova Casa das Crechas Casa do Cabido Casa Museo Casares Quiroga Castelao cata CDG Cemiterio de Bonaval Centro Cívico do Ensanche Centro Cultural Fernando Casas de Novoa Centro Don Bosco Centro Dramático Galego Centro Social ABANCA Centro Sociocultural Ágora Centro Sociocultural de Santa Marta centros socioculturais cervexa Cervezas Alhambra CGAC Chévere Ciclo de Lied Cidade da Cultura cinema cinema galego Cinenterraza Cineuropa circo Ciudad Deportiva de Riazor Clusaga Coliseum comercio comercio local Compostela Compostela Ilustrada Compostela swing concerto concertos concierto concurso Concurso Tapas Picadillo Conxo Coruña Cociña Couso Cristina Pato cultura cultura popular cultura urbana curtametraxe Curtocircuíto Danza debate debuxo Delas Fest Deluxe Día da Música Día das Letras Galegas Día de Rosalía Día dos medios en galego Día Internacional dos Museos dj Dospasos eMe Music Club Entroido Espectáculo Estrelas Michelin Estrella Galicia ExpoCoruña exposición Facultade de Xeografía e Historia Feira do libro Feito a Man feminismo festa Festa da Filloa festa da uña Festa do Apego Festa do Banquete Festa do Queixo Festas da Ascensión Festas da Madalena Festas da Peregrina Festas de María Pita Festas do Apóstolo Festigual festival Festival +QJazz Festival Amal Festival Atlántica Festival C Festival Maré Figueiras filloa Fonseca formación Fórum Metropolitano fotografía fotoxornalismo Fundación Granell Fundación Luis Seoane Fundación SGAE Galego Galicia Galicia en Copas Galicia Escena Pro Galicia Forum Gastronómico Galicreques Garufa Club gastronomía Grande Amore Hall Proa de Palexco Hens hostalaría hostelería Hotel Monumento San Francisco Humor igualdade Ilusionismo ilustración inauguración itaca jazz Jazz Filloa Kirk Fletcher La Bien Querida Lacónicas lamprea Lavacolla Leo Harlem lestedo Libraría Couceiro libro Liceo de Noia literatura Lorca Los Secretos Lucía Freitas Luigi Ludus Mag Edgard mago Mago Teto malabares María Magán Lampón María Pita Martín Códax Matarile Teatro Matogrande MEGA Mercado das Nubes Mercado de Abastos Mercado de San Agustín Mercado Galego da Creatividade MICE Milladoiro Moda momentos alhambra Mon Band monicreques monólogo Monte do Gozo Morriña Fest Mostrart Muelle de Batería muller Multicines Compostela Multiusos Fontes do Sar Museo Casa de la Troya Museo Centro Gaiás Museo da Maxia Museo das Peregrinacións Museo do Pobo Galego música música contemporánea musical Nadal narración oral Negreira NH Collection NH Collection Santiago Nick Moss Band Noia Noia Harp Fest Noite Bohemia Noite do Patrimonio Noites do Porto noitiNHas Numax O Lagoeiro o Teatro Principal obradoiro obradoiros Orgullo 2022 Ortiga Os Catro Gatos Outono Códax Outono Códax Festival Pablo Milanés Padrón Palacio da Ópera A Coruña Parque de Bonaval Parque de Santa Margarita patrimonio Pazo da Peregrina película Pencil & Fork performance piano Picasso pintura Plataforma poesía Praterías Praza 8 de Marzo Praza da Inmaculada Praza da Quintana Praza de Mazarelos Praza de Mª Pita presentación Prima23 Queen queixo Quintana Raniero Fernández Redrum Teatro restaurante Restaurante Casa Barqueiro Revera Vinum Riquela Riquela Club Roberto Verino rock Rosalía de Castro Rúa do Vilar rural rural galego rutas Ruxe Ruxe S8 Sala Capitol sala casablanca Sala eMe Music Club Sala Garufa Sala Malatesta Sala Mardi Gras sala rique Sala Riquela Sala Sónar Salón Teatro San Lázaro San Martín Pinario San Martiño Pinario San Pedro San Simón San Xoán Santiago Santiago(é)Tapas Satiago(é)Cóctel Sede Afundación da Coruña SELIC Sergio Dalma Sés SGAE showcooking Sigüeiro Soho Orzán solidario SolporSon swing Tanxugueiras tapas tatuaxes teatro Teatro Colón Teatro Principal Teatro Rosalía de Castro Teo turismo turismo sostible uñas usc Vedra Vibra Mahou viño viños Voadora WOS festival Xabier Díaz Xacobeo Xela Arias Xira Xoves de Códax Zahara Zona C
A Coruña acollerá a sexta edición do ciclo ‘Elas Son Artistas’, o ciclo de artes e música que ten como obxectivo poñer en valor o papel da muller na arte. O festival desenvolverase entre os meses de abril e novembro, con actividades nos diferentes municipios da área metropolitana.
A concelleira de Comercio, Consumo, Mercados e Barrios, Diana Sobral, informou sobre a nova edición do ciclo. “Unha nova cita xa obrigada na Coruña, que se suma á importante programación cultural posta en marcha por este Concello” sinalou. Nesta sexta edición, o ciclo contará con actuacións como María de la Flor, que abrirá a sexta edición este sábado día 15, ou concertos de artistas como Eva Mcbel, Hermana Furia, Carolina Rubirosa ou Aüdra.
A Coruña ten xa 10 actividades confirmadas entre as que destacan os concertos de The Dirty Denims ou Hermana Furia, na sala Mardi Gras; María Toro, no Garufa Club ou a a banda de Nova York, Jane Lee Hooker, Cris Regueiro & The Neo Band no Jazz Filloa.
Programaranse tamén outras actividades, como o espectáculo de Su Garrido Pombo mentras pinta Xoana Almar, da Cooperativa Cestola na Cachola, que terá lugar na praza de Azcárraga así como unha exposición na Casa Museo Casares Quiroga, que terá lugar durante todo o mes de setembro.
O ciclo rematará o 24 de novembro ás 21.00 h, coa actuación de Alice Wonder no Teatro Colón para o que xa están á venta as entradas en www.ataquilla.com.
Primeiros eventos confirmados na sexta edición de Elas Son Artistas:
● 15 de abril – María de la Flor – Auditorio do Centro Cultural A Fábrica, Concello de Oleiros (20.30 horas)
● 21 de abril – Eva McBel – Cívico Cultural, Concello de Arteixo (20.30 horas)
● 13 de maio – Hermana Furia – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
● 31 de maio – María Toro – Garufa Club, Concello da Coruña
● 30 de xuño – Jane Lee Hooker – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
● 12 de xullo – Su Garrido Pombo + Xoana Almar, da Cooperativa Cestola na Cachola – Praza de Azcárraga, Concello da Coruña
● 19 de xullo – Cris Regueiro & The Neo Band – Jazz Filloa, Concello da Coruña
● 15 de setembro – Carolina Rubirosa e Aüdra – Sala Xulio Cuns, Concello de Betanzos
● 22 de setembro – Reinas Malas – Auditorio do Edificio usos múltiples do Burgo, Concello de Culleredo
● 4 de outubro – The Dirty Denims – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
● 21 de outubro – The Niftys – Sala Mardi Gras, Concello da Coruña
● 24 de novembro – Alice Wonder – Teatro Colón, Concello da Coruña
Proximamente darase a coñecer o resto da programación.
Xardín Alhambra regresa por terceiro ano consecutivo á cidade da Coruña convertido nun espazo para gozar dos mellores plans e dun tardeo cervexeiro sen présa.
Tras o éxito da pasada edición, repite localización no Parque de Santa Margarita (chaira Casa das Ciencias), ampliando a súa duración, do 31 de agosto ao 28 de setembro, e cunha programación baseada na música, a arte e a gastronomía.
Este oasis urbano, que contará novamente con terraza, zona de restauración e bar, albergará os mellores plans de lecer para seguir alongando o verán na cidade herculina. Concertos acústicos, DJ Session, catas, talleres de artesanía e Talleres de Tapas Sen Présa, guiados por chefs locais, son algunhas das actividades que albergará o espazo.
E é que o Xardín Alhambra converterase de novo no punto de encontro no que descubrir o mellor ambiente grazas a un enclave no que os visitantes poderán gozar sen présa todas as variedades de Cervexas Alhambra, e maridalas con gastronomía local na zona de restauración.
Sobre Cervexas Alhambra
Nacida na cidade de Granada en 1925, e desde 2007 parte da compañía familiar 100% española líder do sector cervexeiro no noso país, Mahou San Miguel, Cervexas Alhambra leva décadas elaborando cervexas de gran calidade a través de meticulosos procesos de elaboración de carácter artesanal. Conta cunha gama de dez cervexas: Alhambra Reserva 1925, Alhambra Reserva Roja, Alhambra Reserva Citra IPA, Alhambra Especial, Alhambra Radler, Alhambra Tradicional, Alhambra Sin, Las Numeradas e Las Lentas, destacadas pola súa calidade excepcional e sabor único. Para máis información visite o sitio web corporativo de Cervexas Alhambra: www.cervezasalhambra.es
Sobre Mahou San Miguel
Compañía familiar, líder de bebidas no noso país e 100% española. Dispón de 10 centros de elaboración de cervexa –oito en España e dous en EEUU–, catro mananciais de auga e un equipo próximo aos 4.000 profesionais. Produce máis do 70% da cervexa española que se consome fóra das nosas fronteiras e está presente en máis de 70 países.
Conta con máis de 130 anos de historia que comezan co nacemento de Mahou en 1890. En 2000 Mahou adquire San Miguel, en 2004 a marca canaria Raíña, en 2007 Cervexas Alhambra e en 2011 diversifica o seu negocio incorporando Solán de Cabras. Desde 2019, é socia maioritaria das cervexeiras artesás norteamericanas Founders Brewing e Avery Brewing.
Posúe un amplo portafolio de cervexas nacionais, onde destacan Mahou Cinco Estrellas, San Miguel Especial e Alhambra Reserva 1925, e de cervexas internacionais. Conta con produtos innovadores e creadores de categoría como San Miguel 0,0, San Miguel ECO ou Mahou Barrica; marcas de auga mineral natural, como a icónica Solán de Cabras, e introduciuse no segmento cider con La Prohibida. Tamén foi pioneira no sector en lanzar o seu ecommerce: Tenda Mahou San Miguel.
Con foco nas persoas e en contribuír ao progreso económico e social do noso país, é unha compañía solidaria que canaliza a súa acción social a través da Fundación Mahou San Miguel, creada en 2013.
Tres grandes figuras da música negra, habituais nos mellores festivais do mundo de blues e de soul, encabezan a 13ª edición do Outono Códax. A presenza en Santiago de Pokey Lafarge, Nick Waterhouse e Nikki Hill nesta edición do festival, que se celebrará do 3 ao 25 de novembro, reafírmao como a incuestionable gran referencia do xénero. «Calquera deses tres artistas tería sido un gran cabeza de cartel único da súa edición. O que nunca pensamos era poder contar cos tres no mesmo ano», explican dende a organización do festival, testemuñando o carácter cada vez máis ambicioso desta cita musical.
Entre as novidades desta edición do Outono Códax destaca o feito de trasladar actividades paralelas e un dos seus concertos a Madrid (o de Sarah Shook & The Disarmers, que se celebrará o 7 de novembro na sala Clamores), como unha primeira aproximación para poñer en valor a programación do festival e expandir a súa notoriedade.
O resto dos concertos terán por escenario a Sala Capitol e o Riquela Club de Santiago. A Capitol acollerá, de feito, outra novidade do festival, como é a emisión en directo, o xoves 23 de novembro, do programa «El sótano», de Radio 3, que dirixe e presenta Diego RJ.
Na vertente musical, ademáis de Pokey LaFarge, Nick Waterhouse y Nikki Hill, sobresae a presenza de Sunny War. A aclamada cantautora norteamericana de bluegrass será a encargada de abrir o Outono Códax o 3 de novembro. Outras presenzas a subliñar son as de figuras emerxentes do blues, o country e o soul como Dylan Leblanc –un múisco de Louisiana que xa foi calificado como «o novo Neil Young»— ou Kassi Valazza, artista de culto entre os novos cantautores de vangarda norteamericanos.
A presenza galega no festival confórmana Momboi e The Bo Derecks, que compartirán xornada, respectivamente, con Pokey LaFarge (4 de novembro) e Nikki Hill (24 de novembro)
Así pois, un ano máis e baixo o patrocinio, co apoio e colaboración de Bodegas Martín Códax , o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con once citas en Santiago de Compostela, ás que hai que sumar unha máis en Madrid, nas que volve reunir exquisitos representates do soul, jazz, swing ou blues a través dunha coidada programación na que, fiel á súa filosofía, inclúe a participación de artistas de referencia internacional –algúns dos cales actúan por primeira vez en Galicia–, unha representación do blues e do rock español –como é o caso de Kamikaze Helmets- e dúas bandas galegas representativas do panorama actual.
A programación do Outono Códax 2023 completarase coma sempre cunha ampla programación de actividades paralelas que se dará a coñecer nas vindeiras semanas.
ENTRADAS E ABONO
Os abonos e as entradas estarán a venda en Santiago en A Reixa Tenda-Matrioska e a través de ataquilla.com a partir de hoxe, mércores 6 de setembro.
O prezo do abono para os 4 concertos da sala Capitol é de 49 euros (máis gastos de xestión), para os 50 primeiros compradores, y de 59 euros (+gx) para o resto.
As entradas por día para os concertos da Capitol terán un prezo de 19 euros (+gx) en venda anticipada e 22 euros (+gx) na billeteira.
As entradas por día para os concertos que se celebren no Riquela Club terán un prezo de 15 euros (+gx) en venda anticipada e 17 euros (+gx) na billeteira.
As entradas para o concerto de Sarah Shook & The Disarmers na Sala Clamores de Madrid están a venta na web www.dice.fm. Enlace: https://bit.ly/3LbTfse
Además de en Compostela, as entradas tamén estarán á venda en Bonus Track (Ourense), Rock Box (A Coruña), Elepé Honky Tonk (Vigo) e Carnaby (Pontevedra).
Elefantes regresa aos escenarios para repasar as cancións máis emblemáticas da súa traxectoria, ademais dos temas do seu novo traballo ‘Trozos de Papel / Cosas Raras’, que se poderán degustar de forma íntima nesta nova edición Momentos Alhambra Acustiquísimos.
O público volverá atoparse cunha banda arriscada que non queda na comodidade e investiga sónicamente novos horizontes sen perder un chisco da súa esencia.
Momentos Alhambra Acustiquísimos
Do 18 de novembro ao 1 de decembro, Momentos Alhambra Acustiquísimos regresa a catro cidades galegas -Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo- da man de catro figuras imprescindibles da escena musical indie actual: Nena Daconte, Elefantes, El Kanka e Andrés Suárez.
Momentos Alhambra Acustiquísimos volve contar, un ano máis, co patrocinio de Cervexas Alhambra, dentro da súa aposta pola creación de experiencias musicais únicas pensadas para gozar sen présa e cos cinco sentidos. O ciclo reúne un ano máis a algunhas das voces máis queridas do momento e esta 2023 conta, ademais, cunha nova incorporación ao seu cartel: a gastronomía, que chega á sexta edición deste coidado encontro da man dalgúns dos chefs Alhambra máis recoñecidos de Galicia, que prepararán os seus persoais aperitivos para degustar en cada un dos concertos en vivo.
Desde aqueles míticos ‘ Lo mal que estoy y lo poco que me quejo’ ou ‘Canela en rama’, El Kanka gañouse o agarimo e a confianza do público grazas á súa autenticidade e gran optimismo sobre as táboas. E é que os seus concertos consolídanse como auténticas festas da música en directo. Este outono, con seis discos no seu haber, El Kanka regresa a Momentos Alhambra Acustiquísimos acompañado pola súa inseparable guitarra para poñerlle o broche dourado á súa xira ‘Cosas de los vivientes’, na que será a última actuación do ano do músico malagueño. Publicado este 2023, ‘Cosas de los vivientes’ é o LP máis longo e completo do Kanka, unha colección de 14 cancións nas que o músico fala, cun son moi cru e orgánico, da amizade, a nostalxia, a morte, o amor, os proxectos de futuro e as sombras do pasado.
Momentos Alhambra Acustiquísimos
Do 18 de novembro ao 1 de decembro, Momentos Alhambra Acustiquísimos regresa a catro cidades galegas -Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Lugo- da man de catro figuras imprescindibles da escena musical indie actual: Nena Daconte, Elefantes, El Kanka e Andrés Suárez.
Momentos Alhambra Acustiquísimos volve contar, un ano máis, co patrocinio de Cervexas Alhambra, dentro da súa aposta pola creación de experiencias musicais únicas pensadas para gozar sen présa e cos cinco sentidos. O ciclo reúne un ano máis a algunhas das voces máis queridas do momento e esta 2023 conta, ademais, cunha nova incorporación ao seu cartel: a gastronomía, que chega á sexta edición deste coidado encontro da man dalgúns dos chefs Alhambra máis recoñecidos de Galicia, que prepararán os seus persoais aperitivos para degustar en cada un dos concertos en vivo.
O trío Tanxugueiras pechará a súa xira ‘Diluvio’ cun concerto especial no Coliseum da Coruña no que contarán coa participación de máis artistas do panorama nacional. A alcaldesa, Inés Rey, presentou a cita musical xunto con Aida Tarrío, Sabela Maneiro e Olaia Maneiro, a quen lles agradeceu que escollesen A Coruña para celebrar o ‘Derradeiro diluvio’. “Unha cita especial para toda Galicia e que supón un gran orgullo que sexa na Coruña”, explicou.
Rayden, Rozalén, Guadi Galego, Muerdo, Mondra e Valeria Castro subiranse ao escenario do Coliseum da Coruña o vindeiro 16 de decembro para acompañar o trío de pandereteiras na gran foliada para a que aínda quedan sorpresas por confirmar. “Este será o concerto máis significativo que daremos ata a data, xa que é moi emocionante que tantos grandes artistas aos que consideramos amigos se unan para festexar a música como idioma universal” explicaron as artistas. As pandereteiras interpretarán desde cancións xa recoñecidas do seu repertorio como “Terra”, “Averno” ou “Aire”, así como novos temas aínda en colaboración con outros artistas como Ruth Lorenzo ou Juancho Marqués.
Mondra, un dos nomes máis destacados da nova escena emerxente galega, abrirá unha cita no Coliseum que promete ser unha gran cita histórica para a música en Galicia. “Galicia é a nosa casa e é o lugar que nos viu nacer e crecer como Tanxugueiras e é por iso que cremos que a mellor maneira de celebrar todo o bo que nos pasou nestes últimos anos é facelo coa nosa xente. Ademais, que se nos brinde a oportunidade de cantar nun sitio histórico polo que pasaron grandes artistas como Shakira, Marc Anthony, Aitana, Maná ou Sting, e poder facelo cunha proposta en galego énchenos de orgullo” sinalou o trío.
Rey lembrou que nos últimos anos o Concello da Coruña aposta forte pola cultura popular e tradicional a través das festas nos barrios, concertos no Castro de Elviña ou a posta en marcha do ciclo VANGAL así como as romarías no parque de Santa Margarida da man das agrupacións tradicionais da cidade. “O noso obxectivo sempre foi que A Coruña se manteña como a referencia cultural do Noroeste porque vai na nosa historia e iso debémosllo todo á tradición popular que nos fixo ser o país rico en cultura que somos”, sentenciou a alcaldesa.
As entradas estarán á venda ao público xeral o venres 1 de setembro ás 11.00 h través da web oficial de Tanxugueiras (www.tanxugueiras.com) e terán un prezo xeral de 22.50 euros máis gastos.
Ademais, como mostra de agradecemento e respecto polas raíces e os inicios do grupo, Tanxugueiras porá á disposición das máis de 500 asociacións de música tradicional galega rexistradas unha prevenda especial cun desconto dun 10% que comezará o mércores 30 de agosto, ás 11.00 horas e cuxo código estará activo ata o día 3 de setembro ás 23.59 horas. Ínstase a aquelas asociacións que queiran gozar do desconto que se poñan en contacto coa promotora PlayPlan e que desta maneira os e as súas afiliados poidan beneficiarse do código de desconto na compra.