fbpx

A BANDA DE JUAN PERRO PRESENTA ‘LIBERTAD’

When:
12 Xuño, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-06-12T20:30:00+02:00
2022-06-12T20:45:00+02:00
Where:
Auditorio de Galicia
Cost:
14 €

Tras un longo proceso de maduración do repertorio e da sonoridade do proxecto de Juan Perro, Santiago Auserón conseguiu fundir diversas tradicións da música popular española e internacional nunha proposta que alcanza un alto grao de coherencia e depuración formal. A variedade de estilos preséntase nela con inconfundible personalidade sonora.

A escritura coidadosa de cancións que foron rodadas por moitos escenarios -españois, americanos e europeos- desemboca nun repertorio selecto, onde letras poeticamente esixentes xúntanse con elementos rítmicos, melódicos e harmónicos de diversa procedencia -roqueira, jazzística e afrolatina-, propondo camiños novos para a música popular en español.

Integrada por solistas de primeiro nivel que se fixeron cómplices do proxecto, a Banda de Juan Perro explora camiños musicais con soleira, pero que soan novos. A canción abre sitio á inspiración dos improvisadores en cada concerto. A complicidade sostida durante anos converte á Banda de Juan Perro nunha máquina musical especializada en contaxiar emocións.

Ao repertorio lentamente elaborado que con ‘Cantos de ultramar’ (LHS 2021) obtivo o eloxio unánime da crítica segue tan só ano e medio despois ‘Libertad’ (LHS 2022), un álbum de dez cancións orixinais de Santiago Auserón que van sorprender pola súa variedade, pola súa enerxía, polo seu refinamento e pola súa madurez, co-producidas por un aliado desde os tempos de Radio Futura: o británico Joe Dworniak.

Pere Foved: batería

Isaac Coll: baixo

Vicenç Solsona: guitarra

Gabriel Amargant: saxo e clarinete

David Pastor: trompeta

Santiago Auserón: guitarra e voz