fbpx
A CoruñaGastronomía

O restaurante Taberna 5 Mares, premio á mellor tapa na ‘Ruta para Saborear Sin Prisa’ de Cervezas Alhambra

“Ruta para Saborear Sin Prisa”, unha iniciativa impulsada por Cervezas Alhambra na Coruña, pechou a súa terceira edición coa entrega dos premios aos tres establecementos hostaleiros gañadores entre os máis de 30 participantes.

Un xurado conformado polo chef Alhambra Rafa Centeo, o xornalista Xaime Barreiro e Isaac González, especialista en estratexia creativa e desenvolvemento de proxectos gastronómicos, anunciou os nomes dos gañadores nas súas diferentes categorías nun evento celebrado en Studio Follow e que contou coa asistencia de Diana Sobral, concelleira de Turismo, Comercio, Mercados e Hostalería do Concello da Coruña.

O restaurante Taberna 5 Mares alzouse co premio á mellor tapa, obtendo un cheque por valor 1.000 euros, mentres que os premios ao mellor produto local e á mellor creación contemporánea, dotados con 500€ cada un, foron para Surrey e La Cantina del Almacén respectivamente.

O xurado destacou, entre outros aspectos, a calidade e a creatividade da gran maioría das propostas gastronómicas do roteiro e que vén sendo un reflexo do alto nivel e o potencial da cociña local, así como do bo facer dos chefs coruñeses.

Terceira edición

A iniciativa “Saborea sin prisa” celebrouse por terceiro ano consecutivo na cidade herculina, tomando esta vez forma de roteiro e combinando o mellor da gastronomía local coa arte e a cultura.

Os máis de 30 establecementos participantes no roteiro ofreceron, entre o 19 de outubro e o 12 de novembro, diferentes propostas de medias racións, acompañadas de Alhambra Reserva 1925, con prezos entre os oito e os quince euros.

Para facer máis completa a experiencia gastronómica, Cervezas Alhambra propuxo este ano tres tipos de itinerarios: o verde, que incluía un roteiro de bares e tendas de produtores locais; o amarelo, con bares, galerías de arte, exposicións e espazos culturais; e o itinerario laranxa, que pasaba por bares, tendas e talleres de artesanía.

Ademais, todos os consumidores que asistiron aos establecementos para degustar as súas propostas recibiron un código para descubrir no momento se eran gañadores dunha das 32 invitacións por valor de 20 euros, a consumir en calquera dos locais participantes, ou un premio dun ano de cervexa gratis.

E é que para Cervezas Alhambra nada que mereza a pena faise rápido, por iso garda unha estreita relación co mundo da artesanía e a gastronomía nos que o tempo é esencial. Tempo para coñecer de onde xorden as ideas de cada creación, para preocuparse por escoller os mellores ingredientes e materiais, e para innovar cada día na maneira de facer as cousas sen présa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.