fbpx

Semana das Letras Galegas

When:
12 Maio, 2023 – 19 Maio, 2023 all-day
2023-05-12T00:00:00+02:00
2023-05-20T00:00:00+02:00
Where:
A Coruña

O Concello da Coruña desenvolverá a Semana das Letras Galegas cunha chea de actividades culturais e lúdicas nas que se mesturará música, danza, poesía, teatro, artesanía, ciencia, literatura e outras moitas disciplinas artísticas e literarias que permitirán amosar os traballos, espectáculos e produtos dos creadores e creadoras coruñesas, coincidindo coa celebración o 17 de maio do Días das Letras Galegas. 

Programación 

Viernes 12 

Biblioteca Os Rosales. 18:00h. Espectáculo Raio de Loubicán, co teatro de títeres Mircromina (3-8 anos). 

Sábado 13 

Biblioteca Sagrada Familia. 11.00h. Obradoiro O Gran Xogo das Letras, con Patricia Martínez (8-12 anos). 

Xardíns de Méndez Núñez 

11:00h-14:30h | 17:30h -21:00h: Mercado de artesanía, libros, cómics e discos. 

11:30h-13:00h. Obradoiro: Iniciación á Ilustración para público infantil, por Paula Esteban. 

11:30h. Faladoiro: O entrelazamento: a ciencia do poema. Charla con Estíbaliz Espinosa. 

13:00h. Sesión vermú con Xurxo Fernándes – Levaino! 

18:00h. Faladoiro: Intelixencia artificial ou natural? O impacto da IA nas profesións creativas, con Manel Cráneo, Tomás Conde e Santy Gutiérrez. 

18:00h-21:00h. Obradoiro: Tecer cos dedos (3 quendas de 1h). 

19:30h. Faladoiro: A Coruña plató. Ana Cermeño conversa con Emma Lustres e Jorge Coira. 

19:00h-21:00h. Ruta urbana con Xurxo Souto: O retorno dos homes mariños. Contos da Cidade Barco. 

21:00h. Concerto: Radio Océano. 

Domingo 14 

Xardíns de Méndez Núñez 

11:00h-14:30h | 17:30h -21:00h: Mercado de artesanía, libros, cómics e discos. 

11:30h-12:30h. Obradoiro: Estampación téxtil con tintes naturais. 

11:30h. Faladoiro: A Poesía non morde. Charla con Yolanda Castaño. 

11:30h-13:30h: Ruta urbana con Xurxo Souto: O retorno dos homes mariños. Contos da Cidade Barco (punto de encontro Palco da Música). 

13:00h. Sesión vermú con Brais Morán & NASAUFUNK 

18:00h. Faladoiro: Películas, revistas e cousas de internet, con María Yáñez. 

18:00h-21:00h. Obradoiro: Fabricación de xoguete artesanal (3 quendas de 1h). 

19:30h. Faladoiro: A Coruña e as Letras. Luís Pousa conversa con Yolanda Castaño e Xesús Fraga. 

20:30h. Concerto: MOURA. 

Luns 15 

Biblioteca Monte Alto. 18:00h. Obradoiro. Biografía ilustrada sobre Francisco Fernández del Riego, con Sheila García Prado (8-12 anos). 

Martes 16 

Biblioteca Durán Loriga. 18:00h. Encontro-obradoiro. Pequena Fauna do Cantigueiro de Cotobade: cantigas, debuxos e pandeiretas, con David Carballal (5-12 anos). 

Xardíns de Méndez Núñez 

18:00h-21:00h. Obradoiro: Elaboración de flores de coiro. 

19:30h. Faladoiro: A Coruña é música. Javier Becerra entrevista a Sés. 

21:00h. Concerto: Sés 

Mércores 17. Día das Letras Galegas. 

Xardíns de Méndez Núñez 

11:00h. Actuación da Aturuxo A.F. 

11:30h. Actuación da A.C. Donaire. 

12:00h. Actuación da A.C.Son D´Aquí. 

12:30h. Lectura pública de textos de Francisco Fernández del Riego. 

13:00h. Actuación de Cántigas da Terra. 

13:30h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Chulísima con aldaolado. 

18:00h. Faladoiro: A Coruña Literaria, presentada pola A.C. Alexandre Bóveda. Participan Carmela Galego, Jorge Castro e Mª Xosé Bravo. 

18:00h-21:00h. Obradoiro: Realización de pulseiras de coiro (2 quendas). 

19:30h. Faladoiro: A Cidade. Marta Otero e Lois Alcayde conversan con Felipe Senén e Xosé Alfeirán. 

20:30h. Faladoiro: Espectáculo poético musical: Lúa Mosquetera (acompañada de Pablo Seijas). 

Xoves 18 

Biblioteca Castrillón. 18:00h. Contacontos O Paroleiro, con Pablo Pablísimo (4-8 anos). 

Biblioteca Ágora. 18:00h. Contacontos. Romaría, contos e lendas da nosa terra, con Raquel Queizás. (3-8 anos). 

Venres 19 

Biblioteca Fórum. 18:00h. Contacontos. Contos para escoitar mentres bailamos un valse, co Caxoto (4-8 anos). 

Centro Sociocultural Ágora. 21:00h. Concerto ÁgoraSon: Os Sons Esquecidos, con Abraham Cupeiro. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.