fbpx
666rpmCompostelaCulturaMúsica

Vémonos no chill out

Por César Varela de Plástico Elástico 

Os que me coñecedes persoalmente, sabedes que ademais de ser un gran amante do rock, tamén o son da música electrónica. A principios do 2000 pasei unha boa temporada saltando de escenario en escenario co meu colega Xulio Túzaro nos Playmother & Fuckerback. Moitas Raves nos temos chupado naquela época, pero tamén actuamos en lugares de culto, como a desaparecida Sala Nasa, na que formamos parte de varias Ultranoites, nas que sempre coincidiamos co noso amigo Suso Alonso no Backstage, o cal nos asesoraba positivamente nisto do mundo do espectáculo. O outro día entereime de que Suso tiña un novo proxecto musical e decidín poñerme en contacto con el, como gran consumidor de música electrónica que me considero. Chámalle Zapatilla, Arañoto ou como che saia do tranganillo. E dos seus tranganillos é precisamente de onde sacan eles todos estes sons que reflicten nas súas composicións…

SIRGO é un espazo de creación audiovisual que fusiona con descaro algunhas das máis variadas escolas e estilos artísticos. Imaxe e son crean un lenzo transgresor e libérrimo onde se intercalan pinceladas clásicas e modernas. A música combina a creación pura con ritmos e melodías de autores clásicos dos séculos XIX, XX e XXI e tamén acode a referentes tradicionais como as Cantigas medievais Galego-Portuguesas e a música popular de raíz galega. Sirgo é un espazo aberto onde o dúo nuclear, formado por Suso Alonso e Xesús María Suárez Ares, combina saberes e ilusións con músicos recoñecidos como David Lojo, Mónica de Nut, Garza, Juanjo Abellá, Héctor Lorenzo, Xackal, Blanca Cendán e Xulio Gutiérrez.

Despois dun E.P. que levaba por nome “Na Seca”, agora chega o seu primeiro longa duración “Contrafacta”, que andan presentando estes días por diferentes puntos da xeografía.

Se desexas profundar máis intensamente no seu produto mineral en bruto ou se che interesa contratalos, podes seguirlles o rastro nas súas redes sociais (Facebook e Instagram) e na súa canle de Youtube (Sirgo Music).

Desde que llegaste, ya no SIRGO llorando, SIRGO cantando, SIRGO soñando…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.