fbpx

Las Noches de la Suite: Declaración en simulado

When:
6 Maio, 2023 @ 8:30 p.m. – 10:00 p.m.
2023-05-06T20:30:00+02:00
2023-05-06T22:00:00+02:00
Where:
NH Collection Santiago de Compostela
Cost:
39.90

Fai 8 anos que Las Noches de la Suite, unha experiencia  gastroescénica única creada por Juan García, se colocaba entre os grandes atractivos da carteleira madrileña ao converter o Gran Suite Presidencial do hotel NH Collection Madrid  Eurobuilding nun pequeno escenario no que gozar de teatro inmersivo ou concertos en pequeno formato, a cargo de recoñecidos artistas do panorama español, pero tamén de alta cociña e dun encontro distendido cos protagonistas da proposta escénica.

O proxecto, que continúa celebrándose con gran éxito cada fin de semana na capital española, sae de xira por primeira vez, co NH Collection de Compostela como primeira parada. Será o próximo día 6 de maio, ás 20.30 horas, coa obra que actualmente está en cartel, a divertida comedia romántica ‘Declaración en simulado’, protagonizada polo actor Raúl Mérida, coñecido por series como ‘Elite’, ‘Las chicas del cable’ ou ‘Los Protegidos’, e Paula Prendes, actriz que se deu a coñecer como presentadora en ‘Sé lo que hicistéis’ ou ‘Zappeando’, e que participou en series como ‘B&B’, ‘Servir y proteger’, ‘Víctor Ros’, ‘Gran Reserva’ ou a recente ‘Machos Alfa’.

Dirixida por Darío Frías e con guión de José Palacios, ‘Declaración en simulado’ conta os intentos de Aitor para declararse á súa compañeira de piso, Julia, dando pé a tenras e divertidas situacións que de seguro lle parecerán próximas a máis dun. Fiel ao concepto de teatro inmersivo, o público poderá seguir a actuación a escasos metros dos actores, que estarán sen tarima, seguindo a trama e interactuando, para posteriormente compartir con eles ao finalizar a función un distendido meet & greet, no que poderán intercambiar impresións mentres toman unha copa ou beben unha cervexa.

A experiencia gastroescénica inclúe nesta ocasión unha selección de exquisiteces de alta cociña concibidas ex profeso para esta ocasión polo chef Nacho Martínez, que deseñou un cóctel selecto a base de pratos como Ourizo, centola e gambón con escuma de yuzu, Vieira en salmoira, coral e crema de herbas, Cono de xarda con piña e troita, Bóla crocante de foie e  boletus, Milfollas de queixo brie e presa ibérica con arando, Cazola de anguía afumada e papaya ao carbón, Shusi frito de pulled pork con thai sweet, Galo celta en bolo de vento con crema  pepitoria, Mini pita de costela confeitada ao ají amarelo, Chupa-chups de cenoria e chocolate ou o  Mousse de coco e mango en texturas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.