fbpx

Estrea de ‘O auto do Castromil’

When:
7 Xullo, 2023 @ 8:30 p.m. – 9:45 p.m.
2023-07-07T20:30:00+02:00
2023-07-07T21:45:00+02:00
Where:
Teatro Principal - Santiago de Compostela
Cost:
Free

O Teatro Principal de Santiago acolle esta fin de semana a estrea de ‘O auto do Castromil’. Con este proxecto, a compañía Excéntricas gaña o III concurso de proxectos que convoca a fundación Manuel Maria e que recibe o apoio de mais de corenta concellos e institucións de Galiza.

Á presentación da súa estrea en Compostela asistiu a concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao; o director Quico Cadaval; Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez (elenco); Fran Núñez, polo Centro Dramático Galego; e Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María de Estudos Galegos.

A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o conductor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos mais armas que o humor e o espirito antroidesco. O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente.

As entradas serán de balde (2 convites por persoa) e poderán adquirirse en www.compostelacultura.gal ou na Sala C en horario de martes a sábado, de 11h a 14h e de 16h a 19h.

PRIMEIRAS DATAS CONFIRMADAS DA XIRA

• 7, 8 e 9 de xullo en Santiago de Compostela (Teatro Principal)

• 23 de xullo na Mostra Internacional de Ribadavia

• 15 de agosto na Mostra de Teatro de Cariño

• 10 de setembro en Sarria

• 16 de setembro en Narón

• 23 de setembro en Monterroso

• 24 de setembro na Pobra do Boullón

• 06 de outubro en Ames

• 07 de outubro en Cedeira

• 21 de outubro en Vilalba

• 26 de outubro en Foz

• 03 de novembro en Ribeira

• 04 de novembro en Noia

• 10 de novembro en Arteixo

• 18 de novembro en Outes

• 25 de novembro en Ortigueira

• 02 de decembro no Carballiño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.