Xoguetes de madeira artesanais
![Guía Especial Nadal Pincha 2021. Artesanía Silvent Guía Especial Nadal Pincha 2021. Artesanía Silvent](https://revistapincha.gal/wp-content/uploads/2020/11/Imágenes-WEB-Especial-Nadal6.png)
En Artesanía Silvent atoparás divertidos xoguetes en madeira fabricados de forma totalmente artesanal. Pódense ademais personalizar con algún nome ou debuxo.
Son pezas que ofrecen unha gran resistencia e axudan ao crecemento da cativada de forma positiva. Estimulan a imaxinación e a creatividade, ademais dos sentidos: desprenden cheiro, son cálidos ao tacto, rugosos… Tamén favorecen a coordinación e a motricidade.