IOGA E MEDITACIÓN



O centro
Propoñémosche un concepto único en Galicia: un espazo que engloba un centro de ioga e meditación, con sala de masaxes, acupuntura, sala de coaching, tetería, zona degustación-biblioteca acolledora, e unha tenda dedicada ao ioga e ao benestar. Un lugar privilexiado para descubrir e profundar na práctica de ioga e meditación, gozar dunha masaxe ou degustar unha infusión para facer unha verdadeira pausa no teu día.
Ofrecemos distintos tipos de Ioga, Talleres e Formacións, porque a enerxía de cada un é única ou necesitamos dunha enerxía específica en función do noso momento. A variedade de estilos ofrécenos a oportunidade de descubrir algo distinto ou de complementar a túa práctica.
Poderás gozar dunha ampla gama de masaxes personalizadas. Cada masaxe comeza cunha consulta sobre as túas necesidades e gustos e a experiencia finaliza cun té na nosa tetería.
Creamos eventos relacionados co Ioga, meditación, mindfulness, masaxes, hábitos de vida saudables, relax, desconexión, consciencia persoal e de grupo, etc. Todo o relacionado co modo de vida Zen. Achegamos valor aos teus eventos de empresa.
A tenda
Somos unha tenda en liña especializada en artigos e accesorios relacionados co modo de vida ZEN. Os produtos que se poden adquirir na tenda física ou en liña, escollidos con mimo e coidado, proveñen de aquí, de Galicia, ou son importados directamente desde o afastado, milenario e moderno oriente. Tentamos que os nosos produtos inspiren meditación e traian paz, relax e alegría.