O Son do Camiño atrásase a 2022 e anuncia un novo ciclo de concertos para este verán
Finalmente O Son do Camiño tampouco se celebrará este ano. A organización do festival anunciou a través dun comunicado que pode consultarse na súa páxina web, que serán os días 16, 17 e 18 de 2022 cando teña lugar. “A pesar de que confiabamos en que a situación sanitaria permitísenos levalo a cabo, e a pesar da evolución favorable de Galicia en particular, a día de hoxe é imposible desenvolver un evento destas características tal e como viñamos facéndoo ata o de agora. Os motivos son dabondo coñecidos, así que non queda outra que emprazarvos a reencontrarnos en 2022…”, sinalan no texto.
Un primeiro avance do cartel O Son do Camiño 2022 desvelarase nos próximos días e manterá a boa parte dos cabezas de cartel de 2020. O festival reunirá a máis de 40 artistas: de renome internacional, con ampla representación galega, propostas que visitarán por primeira vez a nosa comunidade e diversidade de estilos, conformando así un evento para todos os públicos.
As entradas adquiridas para a edición 2021 serán automaticamente válidas para a de 2022. Aqueles que o prefiran, tamén poden solicitar o reembolso do importe das entradas para partir do 17 de xuño e ata o 1 de xullo, ambos inclusive. Ese mesmo día os compradores recibirán un mail coas instrucións na conta coa que realizaron a compra.
O Son do Camiño-Perseidas
A organización tamén anuncia neste comunicado que o Monte do Gozo acollerá este verán unha nova proposta cuxa programación se dará a coñecer a semana que vén: O Son do Camiño-Perseidas.
As entradas para O Son do Camiño-Perseidas son independentes e sairán á venda nos días posteriores á presentación do ciclo de concertos.