CompostelaGastronomíaNovas

Neste verán, vermú Lodeiros feito en Santiago!

Chega o verán e con el aumentan as ganas de pasalo ben ao aire libre, tomar algo nas terrazas, o sol nas praias... e, por suposto, gozar da excelente gastronomía que temos en Galicia. E que mellor para acompañar os nosos aperitivos que un Vermú Lodeiros, que ademais de estar boísimo, está feito na nosa casa, en Compostela!

Aquí tendes dúas propostas que de seguro serán un acerto en todas as vosas comidas neste período estival:

Vermú Lodeiros vermello

É unha homenaxe ao vermú dos nosos avós, que nos transporta ás festas do pobo. Nel, ademais do inconfundible sabor do asente, hai laranxa e canela, conseguindo un vermú de toques doces e amargor equilibrado. Ademais, cos seus 30 días de crianza en barrica de carballo francés obtense un posgusto tostado con toques de madeira anella.

Vermú Lodeiros branco

Vermú Lodeiros Branco é un vermú que podemos cualificar de sorprendente. Con esta proposta en Bodegas Lodeiros buscan romper cos sabores máis tradicionais a través dunha combinación de cítricos e botánicos que nos achegan frescura e onde o protagonismo é para os cítricos verdes e a vainilla.

Camiño natural 

O vermú é unha bebida elaborada a partir de viño branco, no que se maceran unha combinación de botánicos, principalmente herbas aromáticas e especias. É importante que o viño utilizado (tanto se o vermú é vermello como branco) sexa neutro para que sexa capaz de adquirir os sabores e fragrancias dos ingredientes botánicos que serán macerados nel. No caso de Vermú Lodeiros, o viño que utilizan como base é unha mistela de moscatel. É un viño ideal xa que polas súas características proporciona de maneira natural tanto o grao alcohólico como os azucres presentes no vermú.

Para elaborar o vermú vermello algunhas marcas utilizan caramelo, pero no caso de Lodeiros empregan un concentrado de mosto. Desta forma asegúranse de que a achega de azucre proveña tamén da uva.

Foi en 1910 cando Manuel Lodeiros iniciou o camiño de Bodegas Lodeiros, unha empresa familiar que xa vai pola súa cuarta xeración. Máis de cen anos apostando por un produto galego de calidade, cun modelo de produción sostible, respectuoso co medio ambiente, así como co tecido social que os rodea. Por iso dedican o 3% dos beneficios obtidos coa botella de Vermú Lodeiros a proxectos ecolóxicos que desenvolven en colaboración con diversas asociacións ambientais galegas. Ademais elixen materiais ecolóxicos e sostibles: 0% plásticos, botella ECOVA con baixa pegada de carbono e etiqueta ecolóxica producida con residuos de mazá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.