fbpx

Directos Vibra Mahou con Grande Amore

When:
22 Setembro, 2023 @ 10:00 p.m. – 11:30 p.m.
2023-09-22T22:00:00+02:00
2023-09-22T23:30:00+02:00
Where:
Sala Malatesta
Santiago de Compostela

Tras un verán repleto de festivais e grandes concertos, a música volve soar con forza nas salas galegas da man de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa encontros en torno ao directo.

Directos Vibra Mahou arrincará en Galicia o 22 de setembro na Sala Malatesta de Santiago de Compostela coa actuación de Grande Amore que, coas súas guitarras, o seu techno dos oitenta e os seus curiosos efectos vocais, poñerá a bailar a todo o público amante do rock na pista de baile.

O galego Grande Amore é o alter ego de Nuno Pico, acompañado en directo por Mariagrep e Clara Redondo na súa nova formación a tres, quen presenta cancións do seu novo disco como ‘Pelea’ ou ‘Do meu corpo van nacer outros corpos’, tras exitosas colaboracións con artistas e bandas galegas como The Rapants ou Galician Army, e nun momento no que o seu primeiro longo, ‘Grande Amore’ (2021), aínda segue cultivando alegrías.

Directos Vibra Mahou chega ás salas un ano máis para achegar a artistas e público creando momentos e conexións especiais ao redor da música en vivo. Con este circuíto, Vibra Mahou continúa o seu apoio incansable cara ás salas como espazo de desenvolvemento do talento musical no noso país. As entradas atópanse dispoñibles á venda a través da web: www.mahou.es/vibra/directos/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.