GaliciaGastronomíaNovas

Gastronomía, música e bos viños no verán de Bodegas Martín Códax

As Bodegas Martín Códax teñen preparado para este verán un amplo programa de eventos, experiencias únicas caracterizadas polo seu marcado carácter Atlántico e a súa vinculación á gastronomía de vangarda, a música e, por suposto, aos seus albariños.

Unha das grandes novidades para esta nova tempada estival en Bodegas Martín Códax son Os Seráns de Alma Atlántica. Unha proposta onde celebrar un dos atardeceres insignia de Galicia desde este balcón ao Salnés mentres teñen lugar diferentes e divertidos concertos sorpresa. Na terraza da adega e a súa Wine Bar, sen necesidade de reserva previa, cada venres a partir das 20:00 horas, sucédense diferentes actuacións musicais dos que non se desvela nada previamente, nun enclave único co atardecer do Salnés como marco incomparable.

Por outra banda, este ano, celebran a XI edición de Os Xóves de Códax, unha emocionante serie de 5 concertos que comezan hoxe, 11 de xullo, e se prolongarán cada xoves ata o 8 de agosto, ás 20:30. Os asistentes poderán gozar dunha experiencia musical única na terraza de Martín Códax, con fantásticas vistas aos solpores sobre a Ría de Arousa, acompañada dos viños da adega.

A xornada inaugural contará cunha singular fusión musical da man de Miguel Poveda e Miguel Lamas. Nas seguintes datas actuarán artistas como Sumrrá e Niño de Elche, Moises Fernandez con “La fiesta del sur” e Antonio Carmona, Mondra e A Pedreira.

Neste periodo estival, desenvolveranse tamén As Tardes do Atlántico, que volverán ofrecer unha experiencia gastronómica única e auténticamente atlántica na Terraza de Bodegas Martín Códax. Esta edición contará coa participación de nove destacados cociñeiros provintes de diversas zonas de Galicia, que deleitarán aos asistentes coas súas innovadoras creacións culinarias, nas que os protagonistas son o produto local e os seus albariños.

As Tardes do Atlántico comezaron o pasado 26 de xuño con Martín Vázquez, do restaurante Indómito. Despois, participaron Inma López, do restaurante Beldade, e Diego Negueruela, do restaurante Vilar64. As seguintes citas serán con Antonio Novas, do restaurante Trasmallo (17 de xullo) e Nacho Moreira, do restaurante La Esquina de Valentina (31 de xullo). Xa o mes que vén será o turno de Alberte Gutierrez, do restaurante Alberte (7 de agosto), Alba Aguiar e Alex Falcón do restaurante D´Leira (14 de agosto), Jose Luis Prieto, do restaurante O Segredo (21 de agosto) e Elena Garmendia, do restaurante La Carpintería (30 de agosto).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.