fbpx
CompostelaGastronomíaNovas

Víctor Frank e Ramón Calvo, fillos do chef de A Lareira, premiados no Xuventude Crea de cociña

 

O fillo maior do chef Arturo Salano, do restaurante compostelán A Lareira, Víctor Frank Calvo Estévez, gañou o primeiro premio da décimo cuarta edición de Xuventude Crea na especialidade de cociña. Fíxoo cun prato que chamou ‘Bao de mar con mariscos do mercado e emulsión de limón’ e que o recoñece como o mellor cociñeiro novo de Galicia.

Na final deste certame, que se celebrou na aula gastronómica do Mercado de Abastos, participaron oito candidatos. Entre eles, tamén estaba o irmán do gañador, Ramón Calvo Estévez, de 18 anos e residente na Coruña, que logrou o terceiro premio co seu ‘ Carpaccio de volandeira e amorodos en textura’. Os dous irmáns demostraron así ser herdeiros do talento de seu pai entre os fogóns.

Este concurso está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.