fbpx

DECADENCIA

When:
14 Maio, 2022 @ 8:30 p.m. – 10:00 p.m.
2022-05-14T20:30:00+02:00
2022-05-14T22:00:00+02:00
Where:
Auditorio de Galicia-Santiago
Cost:
14 €

Decadencia é unha obra cáustica, provocadora, que persegue ao público, acurrálao e, a miúdo, obrígalle a rir por non chorar.

Os seus protagonistas, dúas parellas formadas por tres aristócratas e un vividor que aspira a sacar proveito das súas debilidades, son clasistas e racistas, frívolos e desalmados; son hipócritas, banais e egoístas; actúan como depredadores; non teñen principios nin límites, aínda que si medo a que os miserables a quen desprezan se xunten e os ataquen; o seu humor é sarcasmo, a súa ironía é rabia; son grotescos pero perigosos e, primeiro de nada, son infelices, están baleiros aínda que non lles falte de nada, e nin os seus luxos nin a súa luxuria os enchen: a ninguén lle amarga un doce, excepto a eles. E á hora de vingar unha infidelidade, non descartan nin desplumar ao traidor nin cometer un crime…

Steven Berkhoff é un mago do humor negro e esta obra un espello e unha radiografía: no primeiro, vese o que as nosas sociedades ocultan de portas para dentro; na segunda, as enfermidades morais que padecemos.