fbpx

Homenaxe ao Tío Marcos da Portela en Ourense

When:
18 Decembro, 2023 @ 11:00 a.m. – 1:00 p.m.
2023-12-18T11:00:00+01:00
2023-12-18T13:00:00+01:00
Where:
Liceo de Ourense
Cost:
Free

Este vindeiro luns 18 de decembro a Asociación de Medios en Galego celebrará unha homenaxe a Valentín Lamas Carvajal, promotor de O Tío Marcos da Portela, primeira publicación escrita integramente en galego.
Saíu á luz o 7 de febreiro de 1876 e con ese motivo a AMEGA, e o Parlamento Galego, vén celebrando todos os 7 de febreiro o “Día dos Medios en Galego”.

Valentín Lamas Carvajal estaba case cego e a súa obra literaria e xornalistica demostra un gran tesón, superación persoal e confianza no labor que desenvolvia. Con “O Tio Marcos” logrou un gran éxito, cunha tirada que superaba os 4.000 exemplares nun momento histórico de grandes índices de analfabetismo. A ironía, o humor e a conexión coas preocupacións dos labregos eran as claves que explican ese resultado.

No acto do luns tamén se falará de Basilio Álvarez, autor dun novidoso Manual de xornalismo, a comezos do século XX. O profesor Miguel Cabo ven de publicar unha completa biografía do “abade de Beiro” na que tamén debulla a súa conexión co idioma galego e co galeguismo.

A homenaxe a Lamas Carvajal comezará o luns 18 ás 11 da mañá no Liceo de Ourense. Organiza a Asociación de Medios en Galego, que cumpre dez anos, neste 2023.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.