fbpx

Pandeiretas ilustradas

When:
24 Novembro, 2023 – 22 Decembro, 2023 all-day
2023-11-24T00:00:00+01:00
2023-12-23T00:00:00+01:00
Where:
A Casa do Taberneiro
Rúa de San Pedro
15 - Santiago

O Obradoiro de percusión tradicional Sanín fai unha exposición do proxecto de “Pandeiretas Ilustradas” no que participan máis dunha decena de ilustradores e ilustradoras galegos/as. Podes visitala en A Casa do Taberneiro, na rúa de San Pedro, 15, os xoves e venres de 20:00 a 00:00 e sábados de 13:00 a 16:00 e de 20:00 a 0:00 h. Tamén os domingos de 13:00 a 16:00 h. Entre o 6 e o 10 de decembro o taberna permanecerá pechada.

A exposición cristaliza a idea de transformar instrumentos de percusión tradicionais en obras de arte, facendo unha invitación a reconcebir as pandeiretas coma peza artística que viste e habita as vivendas ou permite trasladar o arte a outros espazos e dinámicas de exposición e consumo coma as foliadas. Recuperando o uso que se lle daba ás pandeiretas como soporte pictórico durante o Romanticismo no S.XIX.

Sanín presenta unha serie limitada e numerada de pandeiretas artesanais co parche ilustrado por profesionais da ilustración actual. Dentro do proxecto, pódense atopar ilustradoras que traballan en diferentes eidos coma o muralismo, a publicidade, o deseño de produto, o mundo literario, a serigrafía ou a moda: Nuria Díaz, Cestola na Cachola, Luis Davila, Iria Prol, Peri Helio, Héctor Francesch, Carlos Arrojo, Clara Cerviño, Juanlu Nacha, Isabel Camarasa, Mareiras e Celsius Pictor.

A ilustración no parche da pandeireta está sometida a un coidado tratamento que consegue que se comporte coma unha tatuaxe, moi resistente ao uso e que logra que ao tocala non sufra desgaste.

Sanín

O Obradoiro de Percusión Tradicional Sanín nace no ano 1990 e dedícase ao deseño e fabricación de instrumentos de percusión da tradición de Galicia. É froito do amor á música tradicional. Aínda que se elaboran unha ampla gama de instrumentos coma pandeiros, tambores, bombos, pitos de baile ou tarrañolas o que maioritariamente a xente asocia a Sanín son as súas pandeiretas.

Dende os inicios do Obradoiro de Percusión Tradicional Sanín trabállase para facer accesibles instrumentos de percusión de calidade. Baixo esta premisa bótase a andar este novo proxecto: calidade, deseño e vangarda a prezos accesibles.

As pandeiretas ilustradas están dispoñibles a partir do venres 24 de novembro na tenda física de Sanín Percusión Tradicional situada no Lugar Esquipa 5, en Lavacolla e na tenda online www.sanin.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.