fbpx

Festival ‘Luz Poética’

When:
17 Outubro, 2022 – 22 Outubro, 2022 all-day
2022-10-17T00:00:00+02:00
2022-10-23T00:00:00+02:00
Where:
Compostela
Cost:
Free

Este outono celebraráse o primeiro Festival de poesía joven de Compostela, Luz Poética, do 17 ao 22 de outubro de 2022. O encontro está organizado polo Concello de Santiago e coordinado pola xestora Hoku Cultural. Diego Horschovski, un dos organizadores, indica que o nome do festival está inspirado na figura da poeta compostelá, Luz Fandiño. “A súa historia, o seu compromiso social e a súa visión da vida son inspiración para toda unha xeración de mozas e mozos de Galicia”, afirma o dinamizador cultural. O encontro, que terá lugar na capital galega, contará con obradoiros, roteiros, proxeccións, recitais, e a Gran Final de Poetry Slam Estatal. Un evento que reúne ás campionas de todas as sedes do circuito oficial do Slam. En total, unhas trinta poetas participarán polo posto maior, o de campiona estatal. Durante as xornadas do slam Santiago será a capital da poesía nova no territorio español.

Os espazos escollidos para estas actividades son sitios emblemáticos como a Igrexa da USC da praza de Mazarelos, o Centro Sociocultural Xove da Almáciga, o Teatro Principal, as recoñecidas librarías Couceiro e Lila de Lilith, ademáis de contar con establecementos vencellados ao mundo da cultura como o Pub Modus Vivendi, o Riquela Club e A Medusa Bar. Asimesmo, a Fundación Uxío Novoneyra e a Editorial Apiario tamén son parte das entidades colaborativas do festival.

Entre os principais promotores do Concello están os departamentos de Acción Cultural e de Turismo. Tamén o área de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia.

Toda a programación pode ser consultada na páxina web do festival, www.luzpoetica.gal, e a través do Instagram oficial @festival.luzpoetica ou do Facebook Festival Luz Poética.