fbpx

Ciclo Principal: Decadencia

When:
14 Outubro, 2022 @ 8:30 p.m.
2022-10-14T20:30:00+02:00
2022-10-14T20:45:00+02:00
Where:
Teatro Rosalía de Castro
Cost:
Desde 10 €

Decadencia é unha obra cáustica, provocadora, que persegue o público, que o acurrala e a miúdo o obriga a rir por non chorar. Os seus protagonistas, dúas parellas formadas por tres aristócratas e un vividor que aspira a sacar proveito das súas debilidades, son clasistas e racistas, frívolos e desalmados; son hipócritas, banais e egoístas; actúan como depredadores; non teñen principios nin límites, aínda que si medo a que os miserables a quen desprezan se xunten e os ataquen; o seu humor é sarcasmo, a súa ironía é rabia; son grotescos pero perigosos e, antes que nada, son infelices, están baleiros aínda que non lles falte de nada, e nin os seus luxos nin a súa luxuria os enchen: a ninguén lle amarga un doce, excepto a eles. Non cren no amor e cando forman parellas non o fan porque se queiran, senón porque se necesitan no mal sentido da palabra; non se seducen, cázanse; non se dan, póñense prezo; non se entregan, véndense, transforman os seus corpos nunha mercadoría e só chegan ao pracer a través da dor, o abuso e a humillación. E á hora de vingar unha infidelidade, non descartan nin desplumar o traidor ni cometer un crime… Steven Berkhoff é un mago do humor negro e esta obra un espello e unha radiografía: no primeiro, vese o que as nosas sociedades ocultan de portas para dentro; na segunda, as enfermidades morais que padecemos.