fbpx

Concerto de Dani Martín Xira “Qué caro es el tiempo”

When:
5 Novembro, 2022 @ 10:00 p.m.
2022-11-05T22:00:00+01:00
2022-11-05T22:15:00+01:00
Where:
Coliseum
Cost:
Desde 28 €

«Despois do que vivimos, e do que non puidemos vivir, xa non ten sentido que a xira se chame “Lo que me dé la gana”. Merecémonos reencontrarnos con todas as cancións que nos levaron aos lugares onde fomos felices. E cantalo todo. Por iso a xira pasa a chamarse “Qué caro es el tiempo”. Merecémolo.»

Dani Martín é un dos artistas máis importantes dos últimos 15 anos en España. As súas cancións marcaron a unha xeración durante toda unha década (2000-2010) á fronte do exitoso grupo El Canto Del Loco, banda que chegou a vender máis de 2 millóns de discos, con xiras de máis de 300 concertos e que conseguiron encher entre outros recintos, 3 noites consecutivas a praza de touros das Vendas.

En 2010 lánzase en solitario co seu primeiro disco de estudio ‘Pequeño’, que se certifica como triplo disco de platino e se mantén no número un de vendas 4 semanas consecutivas. Dende entón son innumerables os éxitos que acadou.