CompostelaCulturaGastronomíaNovasTurismo

Preto de 200 establecementos comerciais e hostaleiros da cidade participan no programa Compostela Diversa

A concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón, e o de Turismo, Sindo Guinarte, presentaron na Alameda unha nova edición de Compostela Diversa, programa que inclúe xornadas de reflexión, actividades lúdicas, intervencións no espazo público e unha campaña de difusión e concienciación sobre a realidade LGTBI.

Compostela Diversa naceu en 2018 para facer de Santiago un referente da diversidade sexual e de xénero en Galicia, e contribuír así ao avance na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo LGTBI. É unha niciativa do Concello de Santiago impulsada a través da Concellaría de Igualdade e Turismo de Santiago co apoio de la Diputación da Coruña e conta coa colaboración especial do Mercado de Abastos. Ten ademais a colaboración de Avante LGBT+, Arelas e a Casa Xohana Torres.

Esta quinta edición de Compostela Diversa celebrarase do 24 de xuño ao 8 de xullo. O programa arrancará o sábado 24 no CSC Maruxa e Coralia coa mesa redonda “Arredor da Lei 4/2023”, con Charo Alises, avogada e doutora en Ciencias da Comunicación, activista e presidenta de “Ojalá Málaga” e Mireia Martí, activista intersexual e xurista. O mesmo día pola tarde terá lugar a proxección de “Alex & Munchie” de Carmen P. Granxeiro e Xácia Ceive, seguido dunha conversa coas directoras. Tamén desde as 13:30 ata as 23:30 h a Praza de Mazarelos acollerá un programa lúdico, artístico e poético, no que intervirán distintos escritores e artistas.

Os luns 26, terá lugar unha conversa sobre “Festas, corpos e política” no espazo O Gabinete, e o mércores 28, levarase a cabo a lectura do manifesto ás 12 de mediodía na praza do Obradoiro.

O 8 de xullo desenvolverase a xornada “Orgullo Trans Arelas”, organizada pola Asociación de familias de menores Trans (ARELAS) que arrancará ás 11:30 horas coa proxección do filme “20.000 especies de abejas” na sala Numax. A partir das 14:30 horas, o parque de Galeras acollerá un xantar campestre, xogos e xincana pola diversidade e o lanzamento dos polvos holi. Xa na praza do Toural, a narradora Cris de Caldas ofrecerá o espectáculo de contacontos “diversamente iguais” ás 18:30 h, e ás 19:15 h arrancará a Marcha Orgullo Trans “Somos, Existimos, Resistimos!!” con saída e chegada á mesma onde se lerá un manifesto. A xornada pecharase coa actuación musical de rap e improvisación do Rabelo (@iarnaldhu).

De xeito complementario a estas actividades, preto de 200 establecementos comerciais, hoteleiros e hostaleiros da cidade vestiranse coas cores de Compostela Diversa, a través de distintos elementos coma mandís, carteis, postais, pousavasos e manteis, dentro dunha campaña de difusión e visualización do programa.

Ademais, un ano mais, para visibilizar os valores de Compostela Diversa, Turismo de Santiago colocará iluminación e decoración en espacios públicos destacados como a propia oficina central de Turismo de Santiago, ou en diferentes puntos da Alameda, como a Porta Faxeira, as Dúas Marías, o Palco da Música ou o Eucalipto dos Namorados.

Ademais, no Paseo dos Leóns da Alameda instalarase un Arco de Cores de grandes dimensións para que tanto as persoas residentes en Santiago como as persoas que visitan a cidade estes días poidan tomarse unha fotografía cos cores da diversidade coa vista da cidade histórica e da Catedral no fondo. Tamén se vestirán de cores LGTBI a rúa das Ameas, na que está o Mercado de Abastos, o segundo lugar máis visitado despois da Catedral. Esta iluminación e decoración especiais estarán visibles desde 12 de xuño ata o 2 de xullo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.