CulturaGaliciaNovas

O Enreguéifate 2021 xa ten as súas regueifas gañadoras

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega. Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado e, nesta edición especialmente, o fornecementos de diferentes recursos audiovisuais que calquera pode atopar na web do certame e na súa canle de Youtube.

Malia continuar nun ano golpeado pola pandemia e as restricións pertinentes, presentáronse un total de 42 vídeos,  36 na categoría escolar 6 na xeral, chegados desde Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas ou Tordoia.
 
O xurado estivo composto por María López, concelleira en Teo e profesora; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; e A Rabela, rapeira, filóloga e regueifeira. Este foi o resultado das votacións:

Categoría Xeral

  • A máis brava: Regheifeiras da Pontragha – “Practicando para o “vrau””

  • A máis aguda: Patty e Iván – “Trocando roles”

  • A máis diversa: Chaminho e Arrieiro – “Koruño vs. Rural”

  • A máis reivindicativa: As Canosa – “Máxico é o galego”

  • A mellor falada: Xurxo Souto e Oscar o Arrieiro – “Torgho de Bergantiños”

  • A mellor cantada: Os irmáns Tato – “Regueifando co protocolo”

Categoría Escolar

  • A máis brava: Patakas Bravas – “A guerra do bonito”

  • A máis aguda: As Marías do Lamas – “As Marías”

  • A máis diversa: Pitifláuticos – “Nós queremos igualdade!!!”

  • A máis reivindicativa: Rimas coma balas – “Exprésate rimando”

  • A mellor falada: 21 garabullos – “A regueixeira”

  • A mellor cantada: Dúas moi galegas – “Sons da aldea”