fbpx

Ruada das Xoubas 23

When:
16 Xuño, 2023 – 23 Xuño, 2023 all-day
2023-06-16T00:00:00+02:00
2023-06-24T00:00:00+02:00
Where:
A Coruña

Para que San Xoán arda, primeiro hai que prender o espíritu e acender a flama. E para iso, o mellor é encher as rúas coruñesas de maxia. Por iso, un ano máis, a cidade herculina arranca a súa particular peregrinaxe pola farándula, o ocio e a diversión coa Ruada das Xoubas, unha semana completa de actividades para toda a familia repartidas por toda a cidade, dispostas a facer da previa de San Xoán todo un acontecemento.

Vinteduas citas diferentes, cada unha delas deseñada e desenvolvida por unha compañía cultural da cidade, que abranguen dende os obradoiros infantís até o teatro, pasando pola música en directo. Todo, meticulosamente plantexado para que, caia a que caia, nada enfangue a festa. Por iso as 22 actividades, plantexadas en espazos ao aire libre, contemplan tamén ubicacións alternativas a cuberto.

A festa comeza o vindeiro venres 16 de xuño, ás 18:00 horas, nos Xardíns de Méndez Núñez, e remata o venres 23 no Campo da Leña, pasando entre medias por Tabacos, Praza Elíptica, Praza de Vigo, Praza dos Avós, Praza das Bárbaras, Praza do Humor, Mariñeiros, Praza de Pablo Iglesias, Praza da Tolerancia, Santa Margarida, Azcárraga, Praza de Pontevedra, Novo Mesoiro, Cúpula de Eiris, Gaiteira, Palavea, Oza e Vioño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.