O Son do Camiño – Perseidas
When:
14 Xullo, 2021 – 8 Agosto, 2021 all-day
2021-07-14T00:00:00+02:00
2021-08-09T00:00:00+02:00
Where:
Monte do Gozo - Santiago de Compostela
Contact:
Desde o 14 de xullo ao 8 de agosto deste 2021 celebrarase no Monte do Gozo o Son do Camiño -Perseidas, un festival que traerá a Compostela a preto dunha vintena de artistas. Entre os cabezas de cartel están Xoel López, Raphael, Vetusta Morla ou Ara Malikian.
Como artistas galegos, ademais de Xoel López, teremos a Guadi Galego, Sabela, Furious Monkey House, Andrés Suárez e Pablo Lesuit. Rozalén, Camilo, Beret, Estopa, Melendi, Maren, David Rees e Loquillo completarán o cartel.
As entradas, que sairán á venda o 11 de xuño, terán que sacarse de forma illada para cada unha das actuacións.