fbpx

Prima 21. A festa do comercio local

When:
3 Xuño, 2021 – 5 Xuño, 2021 all-day
2021-06-03T00:00:00+02:00
2021-06-06T00:00:00+02:00
Where:
Zona Vella, Ensache, As Fontiñas, San Pedro e Conxo.

‘Prima 21. A festa do comercio local’ desenvolverase o xoves 3, o venres 4 e sábado 5 de xuño de 2021 en distintos barrios de Santiago.

Durante o transcurso de Prima 21, os comercios poderán presentar os seus produtos e servizos nas beirarrúas sen necesidade de solicitar un permiso específico, aínda que deberán permitir o acceso aos portais de vivendas e ao tránsito peonil, para o correcto desenvolvemento desta festa.

Unha festa, con vocación de continuidade, que conta cun intenso programa de actividades durante as tres xornadas, para as que non é preciso reservar entrada. Actividades como animación de rúa ou concertos para todos os públicos en diversas zonas da cidade, incluidos os barrios máis comerciais, cubrindo toda a Zona Vella, Ensache, As Fontiñas, San Pedro e Conxo.

Pasarrúas, animacións musicais, concertos, teatro, desfiles tradicionais e cabaré de circo son algunhas das disciplinas incluídas no programa, que se completará con obradoiros de artesanía de grabado, acibeche e ourivería, impartidos polos mestres artesáns Ourives de Compostela, Ricardo Rivas, Manuel Tojo e Adonis Suárez.

Podes consultar aquí o programa completo.