fbpx

O RARO É QUE BAILAR SEXA RARO

When:
29 Abril, 2022 @ 8:30 p.m. – 9:30 p.m.
2022-04-29T20:30:00+02:00
2022-04-29T21:30:00+02:00
Where:
Teatro Principal
Cost:
10 €

Bailar é perigoso, ameaza o sistema, complica a situación. A danza incomoda, afecta, descoloca e complexiza os modos de estar hexemónicos. A danza, contaxiosa e invasiva, desestabiliza as lóxicas da palabra, ameaza a linguaxe normativa. Bailar pode ser unha epidemia. Esta bailarina non ten trucos de maxia preparados. O seu material coreográfico é basto e ás veces incomprensible, fracasa nos xiros coa perna esquerda. Esta bailarina nunca quixo ser Giselle. Con todxs nós: un corpo en rebelión, atravesado, sublevado, a bailarina non normativa, a bailarina faquir, a taumaturga, a subalterna. Formas de estar que complican. Estratexias da invisibilidade activa ou identidades disidentes. Vida atravesada. Ficción bastarda.

Capacidade para imaxinar. Divagación dificultosa con aparencia de profundidade. Esta é unha peza autobiográfica sen biografía, unha trampa ao ollo, unha coreografía maraña, un engano narrativo: coreo-biografía-pirata. Isto vai de bailar bailando.