fbpx

Momentos Alhambra Acustiquísimos 2022

When:
4 Novembro, 2022 @ 9:30 p.m.
2022-11-04T21:30:00+01:00
2022-11-04T21:45:00+01:00
Where:
Compostela e A Coruña

O próximo mes de novembro regresa a programación do ciclo de concertos Momentos Alhambra Acustiquísimos, unha das citas musicais imprescindibles do outono en Galicia. La Bien Querida, Arco, Depedro e Alice Wonder conforman o cartel desta quinta edición de directos únicos e irrepetibles nos que, como é habitual, primará a calidade sonora e a experiencia para o público.

Momentos Alhambra Acustiquísimos retoma neste 2022 o seu formato habitual, con concertos en catro cidades galegas, con sesións nas que se dilúe a barreira entre artistas e asistentes. Nesta ocasión, os directos concentraranse en dúas fin de semana. Así, La Bien Querida, en dúo acústico, abrirá o ciclo na Coruña o venres 4 de novembro. A cantante e compositora avanzará novos temas do seu novo disco, ‘Paprika’, no Hall Proa do Palexco. Ao día seguinte, o sábado 5, Antonio Arco, referente da escena do rock andaluz e fusión flamenca, actuará en Ourense (Centro Cultural Marcos Valcárcel).

Dúas semanas despois, o venres 18 de novembro, Depedro regresará a Momentos Alhambra Acustiquísimos para presentar en Santiago de Compostela (Patio de Cristal San Francisco Hotel Monumento) o seu novo álbum, ‘El extranjero’; mentres que a madrileña Alice Wonder poñerá o broche de ouro a esta quinta edición en Vigo, no hall do Teatro Afundación, o sábado 19. Serán dúas fin de semana repletas da mellor música en directo que estarán acompañados, como tamén é habitual no ciclo, pola ilustración en tempo real dun artista galego. Nesta ocasión, será o coruñés Martín Romero, autor de ‘Las fabulosas crónicas del ratón taciturno’ (2011), ‘Episodios Lunares’ (2015) ou ‘La deuda’ (2017).

As entradas para os catro directos de Momentos Alhambra Acustiquísimos 2022 estarán ao dispor do público para partir do próximo martes, 6 de setembro. A venda activarase a partir das 12.00 horas no único punto oficial habilitado para a compra: a plataforma dixital www.ataquilla.com.

La Bien Querida

4 de novembro, A Coruña | Hall Proa de Palexco, 21.30 horas

A súa discografía suma seis discos, numerosos himnos (como ‘De momento abril’, ‘A veces ni eso’ ou ‘Dinamita’), temas de bandas sonoras de éxito ou o aplauso de crítica e público. Ana Fernández-Villaverde, La Bien Querida, é unha das voces máis recoñecidas da escena musical. Capaz de saltar entre estilos desde os ritmos latinos e a cumbia á electrónica ochentera, ou desde a intimidade acústica ata os sons urbanos máis actuais, este 2022 sorpréndenos e emociona con ‘La Perra del Hortelano’, o single de avance do seu novo álbum, ‘Paprika’, que presentará en formato dúo acústico na Coruña.

Depedro

18 de novembro, Santiago | Patio de Cristal de San Francisco Hotel Monumento, 21.30 horas

Corría o ano 2018. Jairo Zavala, Depedro, poñía o broche de ouro, ao grande, á primeira edición de Momentos Alhambra Acustiquísimos coa presentación de ‘El extranjero’. Un lustro despois, Depedro non baixa a garda e regresa coa súa guitarra para celebrar o quinto aniversario do ciclo. Rodeado do seu magnetismo habitual, dará a coñecer o seu novo traballo discográfico, ‘Máquina de piedad’. Segundo Anxo Carmona (Radio 3), este álbum, que fala sobre o presente que nos aborda, “achégase a un Depedro cunha humanidade sincera e empática”.