fbpx

Concerto de Ale

When:
5 Maio, 2022 @ 9:00 p.m.
2022-05-05T21:00:00+02:00
2022-05-05T21:15:00+02:00
Where:
Sala Riquela
Cost:
Desde 10 €

Nesa difusa fronteira na que conflúen, e mesmo se confunden, o pop e o rock sitúa ALE a súa proposta musical. Sí, o pop-rock, ese termo que de tan manido rematara por perder o seu sentido, reinvindícase en toda a sía concepción e con toda a súa intensidade en “Flores y fobias”, o primeiro disco do proxecto de Alejandro González. Tiña claro ALE que, tras a súa frutífera e eloxiada etapa en Los Árboles, debía explorar novos territorios e atopar novos camiños, novos sons, novas inquedanzas e mesmo novas raíces. E ollou cara o que máis preto tiña: cara o océano. E cara o que máis dentro levaba: o seu pasado. E da fértil fusion dun e outro naceron estas cancións, verdadeiramente inspiradas e inspiradores, e que toman coma referenza a rotunda e arrebatadora sonoridade do rock arxentino, a refrescanta liviandade do mellor pop español dos 80 e as veludas e elegantes cadencias do soul e R&B.