fbpx

Capitán Bazofia + Trilitratre presentan “Viaje de fin de Novios”

When:
20 Febreiro, 2022 @ 8:30 p.m. – 10:30 p.m.
2022-02-20T20:30:00+01:00
2022-02-20T22:30:00+01:00
Where:
Sala Casablanca
R. de Frei Rosendo Salvado
6, Santiago de Compostela
15701
Cost:
Desde 8€

 

Hai algo de sinfonía bizarra, de cantautor pocho, de mimo que fala, de banda sonora dunha película imaxinaria e, sobre todo, de comedia cantada. Nacho Vera, a quen quizá se identifique co infra- underground por ser batería de Rosvita, decidiu disfrazarse de superheroe trash e conseguiu articular un cancioneiro tan fóra de xéneros e sen prexuízos á hora de sentirse máis preto de teatro musical que do concerto prototípico.

Nacho Vera preséntase como Capitán Bazofia, o seu proxecto en solitario, con cancións que son unha especie de poema autoficcionado. En 2017 publicou “Ánimo”, “Animales”, e a mediados de febreiro de 2022 publica o seu segundo disco, “Viaje de fin de novios”, que presentará en directo en toda a península durante os próximos meses.

“Viaje de fin de novios” é unha guía pouco fiable para acabar ben unha relación sentimental. “Viaje de fin de novios” é un disco moi especial, cheo de colaboracións especiais, a máis destacable é a de Trilitrate, formación galega composta por violín, acordeón e guitarra española. Eles son capaces de mesturar e irradiar a súa tradición folk con infinidade de influencias que van desde o rock progresivo ao pop ou a banda sonora, e que enriquecen e deixan a súa potente pegada neste disco. Como o baixo eléctrico e contrabaixo de David Santos, outro galego. Outra colaboración moi especial, non galega pero moi desexada, é a de Albert Pla, fonte de inspiración á hora de escribir cancións. “Viaje de fin de novios” tamén é unha guía pouco fiable para empezar ben unha relación sentimental.

Nacho Vera: teclados, batería, voz.

Trilitrate: Elena Vázquez – violín, Rubén Abad – guitarra, Marcos Padrón – acordeón.

David Santos: contrabaixo e baixo eléctrico