fbpx

Concerto de Amaro Ferreiro

When:
18 Febreiro, 2022 @ 8:30 p.m. – 10:30 p.m.
2022-02-18T20:30:00+01:00
2022-02-18T22:30:00+01:00
Where:
Eme Music Club-Santiago
Cost:
Desde 12€

A xira nacional de Amaro Ferreiro chega a Galicia en febreiro para poñer o broche final con catro concertos íntimos en formato acústico que contan co apoio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros en torno ao directo, e que terán lugar en salas de Santiago de Compostela, Ferrol, A Coruña e Vigo.

O artista galego retoma así na súa terra as presentacións de “Personajes Secundarios”, o seu último disco en solitario -no que conflúen as súas referencias musicais, cinematográficas e persoais- que viu a luz días antes do inicio da pandemia e cuxa xira non puido celebrarse nas datas previstas como consecuencia das restricións aplicadas por mor da crise sanitaria da Covid-19.

Producido por Ricky Falkner, o disco de Amaro Ferreiro contén cancións como “Ángeles fósiles”, no que colabora con Rayden, ou “Desesperadamente”, un título incluído na película  LITUS de Dani de la Orden.

A cita do fin de xira en Santiago de Compostela será o 18 de febreiro no Eme Music Club.