fbpx

36ª Edición Festival Cineuropa

When:
7 Novembro, 2022 – 23 Novembro, 2022 all-day
2022-11-07T00:00:00+01:00
2022-11-24T00:00:00+01:00
Where:
Teatro Principal

Desde o ano 1988 Compostela vive a súa peculiar cita cinéfila con ‘Cineuropa’. Durante todo o mes de novembro pásase revista ao mellor cine da tempada, desde os premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, ata o pequeno cine alternativo, reunindo aos grandes nomes, aos novos realizadores, ao xénero documental e á proxección de copias especialmente restauradas para este festival non competitivo, alleo aos intereses económicos, pensado exclusivamente para disfrute do espectador.