fbpx

Axenda

Feb
22
Xov
II Mostra Cinema por Mulleres
Feb 22 – Mar 9 all-day

A Mostra Cinema por Mulleres A Coruña xa ten datas para realizar a súa segunda edición. Será do 22 de febreiro ao 9 de marzo en Los Cantones Cines, cunha variada selección das máis recentes longametraxes nacionais e internacionais dirixidas por mulleres. O Concello dá continuidade a esta programación, que na súa primeira edición acadou un grande éxito de asistencia e valoración. A marca Sidras Maeloc, de Hijos de Rivera, será o patrocinador do evento.

A mostra estará composta por unha coidada selección de 10 longametraxes internacionais e 10 nacionais dirixidas por mulleres e realizadas entre 2022 e 2023. As 20 películas que conformarán a II Mostra son as que participaron na Competición Internacional e a Competición Nacional do VI Festival Cine por Mujeres Madrid, que tivo lugar do 24 de outubro ao 5 de novembro de 2023. Proveñen de países tan variados como Lituania, Bélxica, Francia, Marrocos, Reino Unido, Corea do Sur, Canadá, Grecia, México, Alemaña, Israel, Países Baixos, Chile, Suecia e, obviamente, España. Destas 20 longametraxes, a metade serán estreas absolutas para o público coruñés: 6 internacionais e 4 españois.

Entre elas, atópanse longametraxes con múltiples premios en festivais internacionais como  ‘How to have Sex’ da directora británica Molly Manning Walker -gañadora de Premio a Mellor Película 2023 do VI Festival Cine por Mujeres Madrid, ademais de Premio do xurado novo e Premio a Mellor Directora Novel de Valladolid-SEMINCI, Premio Un certain regard do Festival de Cannes e premio European Discovery- Prix Fipresci na European Film Academy, entre outros-, e ‘O corno’ de Jaione Camborda, gañadora da Cuncha de Ouro en San Sebastián. A dita directora presentará o pase da súa película en Los Cantones Cines e manterá un coloquio posterior co público.

Ademais, cabe destacar que 7 das películas programadas para a II Mostra Internacional de Cinema por Mulleres A Coruña contan con diversos nomeamentos aos Premios Goya 2024:

  • ‘20.000 especies de abejas’, de Estibaliz Urresola Solaguren, con 15 nomeamentos.
  • ‘El maestro que prometió el mar’, de Patricia Font, con 5 nomeamentos.
  • ‘Creatura’, de Elena Martín Gimeno, con 4 nomeamentos.
  • ‘O Corno’ de Jaione Camborda, nomeada a Mellor actriz revelación para Janet Novás.
  • ‘Chinas’, de Arantxa Echevarría, con 4 nomeamentos.
  • ‘El sueño de la sultana’, de Isabel Herguera, nomeada a Mellor película de animación.
  • ‘La memoria infinita’, de Maite Alberdi, nomeada a Mellor película iberoamericana.

Como novidade, esta edición comezará cunha mesa redonda, moderada por Chelo Loureiro (Ferrol, directora e produtora de cinema), que terá lugar o día 22 de febreiro ás 19.00 h no Teatro Colón. Nela participarán relevantes directoras de cinema como Ángeles Huerta (A Coruña); Jaione Camborda (San Sebastián-Santiago de Compostela); Olga Osorio (Lugo) e Paula Cons (A Coruña). O obxectivo deste encontro non é só para visibilizar o seu traballo, senón para poñer en valor o protagonismo destas profesionais no auxe da ficción audiovisual galega, con películas producidas na comunidade ou rodadas en Galicia e en galego.

O Goberno de Inés Rey mantén a súa aposta por un ciclo cultural que reivindica a igualdade e visibiliza as grandes obras dirixidas por mulleres dos últimos anos. A II Mostra Cinema por Mulleres A Coruña será presentada na Coruña o 22 de febreiro polos co-directores e fundadores do proxecto, Carlota Álvarez Basso e Diego Mais Trelles, mentres que algún dos 20 pases contarán coa presentación das súas directoras ou coa presentación da crítica e programadora coruñesa Andrea Franco.

As entradas terán un prezo de 4,5 euros (3 euros con desconto para desempregados, maiores de 65, familias numerosas e posuidores do carné xove) e haberá dous pases diarios ás 18.00 e ás 20.30 horas. Todas as películas serán proxectadas en versión orixinal con subtítulos.

Mar
14
Xov
Ciclo ‘As mellores películas da historia’
Mar 14 @ 7:30 p.m. – 9:30 p.m.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou no Teatro Colón o ciclo ‘As mellores películas da historia’, que traerá á cidade a proxección en versión orixinal con subtítulos e en formato de 35 milímetros de seis dos considerados mellores filmes da historia pola prestixiosa publicación británica Sight & Sound. A rexedora estivo acompañada por Javier Trigales, coordinador do ciclo.

“Seguro que moitos coruñeses e coruñesas lembran este espazo como unha gran sala de cine e desde o Concello da Coruña quixemos devolverlles ese recordo e que mellor que coas consideradas mellores películas de todos os tempos”, sinalou a alcaldesa. Ademais da proxección de seis películas entre xaneiro e xuño, haberá un coloquio posterior con recoñecidas personalidades do eido cultural, cinematográfico, xornalístico, académico ou co propio autor da obra.

“Un ano máis, continuamos enriquecendo a programación deste Teatro Colón, enchéndoo de variedade e calidade. A cidadanía non só poderá ver ou revisionar grandes clásicos, senón que tamén poderá analizalos da man de grandes expertos e expertas”, apuntou a alcaldesa.

O ciclo comezará con ‘El apartamento’, de Billy Wilder, o 11 de xaneiro, contando coa escritora e cineasta Elvira Lindo como convidada especial. O 15 de febreiro será a quenda de ‘Al final de la escapada’, un dos grandes filmes da “nouvelle vague” francesa, obra de Jean-Luc Godard. Estará presente o cineasta, profesor e escritor especializado no director francés Paulino Viota como convidado. No 2022 Viota publicou o libro ‘Jean-Luc Godard. 60 años insumiso’.

O 14 de marzo chegará ao Colón a terceira mellor película da historia segundo o ránking de Sight & Sound: ‘Ciudadano Kane’, de Orson Welles. Estará presente outro experto do creador da película, neste caso co director da Filmoteca de Catalunya, Esteve Riambau.

O 11 de abril será a quenda de ‘El piano’, de Jane Campion. A convidada neste caso será Jaione Camborda, cineasta que acaba de facer historia no festival de San Sebastián, onde gañou a Cuncha de Ouro por ‘O Corno’, película gravada en galego. “Camborda converteuse na primeira muller en conseguir este galardón e será unha honra a súa presenza neste ciclo, pois aínda que cada vez as mulleres teñen máis espazo no ámbito creativo, continúa habendo grandes diferenzas de xénero na industria cinematográfica”, apuntou Inés Rey.

O 23 de maio proxectarase a gran película do suspense: ‘Psicosis’, de Alfred Hitchcock. O convidado especial será Paco Plaza, autor dalgunhas das grandes obras nacionais de terror do século XXI. Por último, pecharase o ciclo de xeito moi especial, con ‘El espíritu de la colmena’, de Víctor Erice o 13 de xuño. Para a clausura está previsto contar co propio cineasta ou coa actriz Ana Torrent.

Abr
11
Xov
Ciclo ‘As mellores películas da historia’
Abr 11 @ 7:30 p.m. – 9:30 p.m.

Mai
23
Xov
Ciclo ‘As mellores películas da historia’
Mai 23 @ 7:30 p.m. – 9:30 p.m.

Xuñ
13
Xov
Ciclo ‘As mellores películas da historia’
Xuñ 13 @ 7:30 p.m. – 9:30 p.m.