Ponte…Nas Ondas! conmemora o seu 27 aniversario
Ponte…Nas Ondas! conmemora hoxe o seu 27 aniversario, unha experiencia que realiza actividades educativas e culturais en Galicia e en Portugal comprometida co traballo de recuperación e difusión do Patrimonio Cultural común a galegos e portugueses a través de actividades culturais e pedagóxicas que promocionan a identidade común dos dous pobos dentro dunha perspectiva xeral de integración europea e do mundo lusófono.
A difusión do patrimonio inmaterial galego-portugués é unha das linas clave do traballo de Ponte…nas ondas! favorecendo a súa transmisión ás novas xeracións e a súa posta en valor. Dende o ano 2016, a UNESCO acreditou a Ponte…Nas Ondas! como ONG consultora para o PCI, única entidade acreditada en Galicia e unha das 12 na península ibérica.
En 2021, o Ministerio de Educación e Cultura de Espana, a Xunta de Galicia e a Comissão Nacional da UNESCO presentaron “o modelo” Ponte…Nas Ondas! na UNESCO para dar a conecer unha experiencia única creada e desenada no territorio da Eurorexxión Galicia-Norte de Portugal. Un fito fundamental na traxectoria da asociación que hoxe cumpre 27 anos de historia e que contribue a sensibilizar o traballo desenvolvido pola comunidade educativa e o ámbito cultura galego-portugués co patrimonio común.
Unha ponte que se iniciou o 29 de marzo de 1995
Desde as ondas da Frecuencia Modulada daquel lonxano ano 1995 aos actuais podcasts que se moven polas redes sociais, Ponte…Nas Ondas! ten achegado a maxia da radio e o universo do patrimonio inmaterial a miles de xoves de Galicia e Portugal.
Aquelas chamadas telefónicas desde as escolas aos estudios de radio desde onde se desenvolvía a anual xornada radiofónica interescolar vivíanse con emoción desde os centros educativos que seguían a programación desde as radios e os transistores nas aulas.
No ano 1997, facíase a primeira emisión por Internet, da man dun innovador profesor que ponía en stremaing o sinal da xornada da radiofónica. A partir 1998 sería a companía Telefónica quen faría o streaming de audio e vídeo, a primeira emisión audiovisual dunha experencia educativa non profesional. Tamén se realizarían videoconferencias com Brasil e com Mozambique, entre outros países.
Actualmente celébrase o Día Mundial da Radio, cada 13 de febreiro e desde o portal ESCOLAS NAS ONDAS divúlganse os traballos audiovisuais das escolas galegas e portuguesas.
A ponte do patrimonio
A actividade de Ponte…Nas Ondas! continúa con outras iniciativas no ámbito educativo e cultural, o certame “As imaxes do patrimonio” dirixido aos centros educativos e ás familias, que xa está na 5ª edición.
Así mesmo, Meniños Cantores 2 é a última iniciativa da asociación, un libro-usb no que participaron escolas ao longo da fronteira galego-portuguesa e que contou coa participación de escritores e artistas de Galicia e Portugal.
Recoñecementos a unha traxectoria
● En 2004, coincidindo co 10 aniversario, o European Bureau for Lesser Used Languages ( EBLUL ) recoñeceu o traballo de Ponte…nas ondas! como un exemplo de “boas prácticas”.
● En 2005, a Xunta de Galicia outórgalle o premio Galicia de Comunicación á “Mellor iniciativa no campo da comunicación”. A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) tamén recoñeceu o seu labor co premio “Bos e xenerosos”.
● En 2013, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de Espana recoñecen a experiencia como “Buena práctica Iberoamericana” pola calidade da experiencia, pola sua orixinalidade e creatividade e por explorar perspectivas innovadoras, apropiadas ao contexto no que se desenvolve e adaptable a outros medios e paises.
● No mesmo ano, a Asociación é nomeada “Juiz Honorario do Couto Mixto” (enclave transfronteirizo entre Galicia e Portugal) polo seu trabllo co patrimonio inmaterial galego- portugués.
● En 2014 recibe do grupo PRISA, o Premio ONDAS á “mellor cobertura do patrimonio inmaterial galego-portugués”.
● En 2016, a UNESCO recoñece a Ponte…nas ondas! como ONG consultora para o patrimonio cultural inmaterial.
● E en 2017 a Fundación Pena Novo outorga o premio “Pena Novo” pola transmisión do patrimonio e a defensa da lingua.