fbpx

A Feira do Libro de Compostela comeza a súa andaina na Alameda

Berta Dávila inaugurou a Feira do Libro de Compostela 2022.

As autoridades inauguraron onte a Feira do Libro de Compostela 2022, primeira na que os cubrebocas non serán necesarios dende 2020, nun acto no que se reivindicou a importancia de gozar dos libros sen prexuízos e sen medida.

O evento contou coa presenza de Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade; Ramón Manuel Domínguez López, presidente da Federación de Librarías de Galicia; Xosé Antonio Sánchez Bugallo, alcalde do Concello de Santiago de Compostela; e Berta Dávila como pregoeira.

A Feira do Libro de Santiago de Compostela abriu onte as súas portas na Alameda, que permanecerán así até o vindeiro domingo, permitindo a composteláns e visitantes disfrutar das propostas literarias organizadas pola Federación de Librarías de Galicia.

O acto de inauguración, que contou coa premiada escritoria Berta Dávila como pregoeira, daba comenzo ás 12:30 da mañá coa acuación da Asociación do Traxe Tradicional, dando paso despois ás palabras do presidente da Federación de Librarías de Galicia, Ramón Manuel Domínguez López, quen destacaba a importancia de posicionar as librarías como espazos de encontro e contacto, e o valor dos libros e da literatura na nosa sociedade, palabras refrendadas posteriormente tanto polo conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, como polo alcalde de Santiago de Composela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo.

O pregón de Berta Dávila resultou especialmente fermoso, percorrendo a emoción dese primeiro libro elixido por unha mesma na infancia e a importancia de gozar da lectura sen cortapisas, como un xerador de desexo e felicidade.

A Feira do Libro de Compostela permanecerá aberta até o vindeiro domingo 8 de maio, con múltiples actividades e propostas culturáis para todos os gustos.

Consulta aquí o programa completo.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.