fbpx

Programación Sala Mardi Gras

When:
2 Setembro, 2022 @ 10:00 p.m.
2022-09-02T22:00:00+02:00
2022-09-02T22:15:00+02:00
Where:
Sala Mardi Gras

A Sala Mardi Gras renova a súa aposta pola música en directo. A piques de cumprir 23 anos na Travesía da Torre 8, prepárase unha importantísima descarga de concertos que comezan este venres 2 coa actuación das bandas galegas Factoría de Subsistencia e Mad Mission, dentro do ciclo ClubE patrocinado por Estrella Galicia.

O sábado 3 será a quenda dos portugueses Twist Connection, o primeiro dos catro concertos internacionais de setembro. Seguiranlle Leah Woods desde Estados Unidos, ByWater Call desde Canadá, estes dous dentro do ciclo Elas Son Artistas e o tamén norteamericano James Leg.

A artista madriñela Eva Ryjleg, coa guitarrista coruñesa Laura Solla na súa banda, visitaraos o sábado 10, dentro do ciclo Girando por Salas.

Tamén recibiran dúas sesións vermú os días 17 e 18 dentro da programación da primeira edición do Festival Tandem. Artistas galegos como Eco, Isi Vaamonde, Malc, The Old Glories, Yoli Saa tamén serán protagonistas do mes. Sumando unha esperada visita El Jose, artista de Granada que está a encher salas alá por onde pasa cunha proposta similar á dun dos seus amigos co que ten un gran dueto: El Kanka.

Toda a información detallada dos primeiros concertos está xa dispoñible na web: salamardigras.com