fbpx

Premios Ari(t)mar da música e da poesía galego-portuguesas 2023

When:
10 Outubro, 2023 @ 8:30 p.m. – 10:30 p.m.
2023-10-10T20:30:00+02:00
2023-10-10T22:30:00+02:00
Where:
Auditorio de Galicia - Santiago de Compostela

Os Premios Ari(t)mar da música e da poesía galego-portuguesas premiarán a Fillas de Cassandra e Retimbrar e os poemas de Arancha Nogueira e María Isabel Fidalgo nunha gala que terá lugar o vindeiro martes, 10 de outubro no Auditorio de Galicia. Nela participarán as artistas e poetas gañadoras do certame, elexidas polo público, nesta octava edición, a partir da obra publicada en Galiza e Portugal no pasado 2022.

A través dunha votación popular, as elixidas como músicas gañadoras foron II Lisístrata, a coñecida como “Varre Vasoira”, de As Fillas de Cassandra, e “Maçazinha” do grupo portugués Retimbrar cos que colaborou a cantante galega Uxía.

No apartado de poemas, as poesías gañadoras foron “Mamá fala linguaxes de documentos predeterminados” de Arancha Nogueira, e “Se de repente perto fosse um verbo”, da poeta portuguesa María Isabel Fidalgo. Tamén se entregará un premio especial á promoción da amizade galego-lusófona, que recaeu na Associação Jose Afonso, difusora desde hai máis de tres décadas dos valores deste artista con tanta relación con Galiza.

A Gala dos Premios da música e da poesía galego-portuguesas está organizada pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, e este martes presentouse en Santiago de Compostela. Miriam Louzao, concelleira de Capital Cultural do Concello de Santiago, salientou “o carácter popular do evento e como a cidadanía de Compostela toma a gala como propia”, ademáis de subliñar o seu valor por dar a coñecer novas propostas “marcadas polo feminismo, o amor e o espíritu de renovar”. Pola súa parte, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, manifestou que “o proxecto sorprende pola calidade e polo nivel das propostas e pola transcendencia no ámbito da lusofonía”. Na presentación tamén participou Xosé Lago, Subdirector de Agrupamento de Cooperación Transfronteiriza Galiza – Norte de Portugal, que salientou “o valor da cultura como base da cooperación entre territorios”.

Como explicou o director de Ari (t)mar, Gonzalo Constenla, “a participación segue a medrar cada ano e este ano bateu o récord de participación popular”. Este ano foron máis de 6.000 persoas as que votaron en cadansúa modalidade, de música e poesía, participando e coñecendo propostas recentes de ambos lados do Miño.

O público que queira asistir á Gala na que os premiados recollerán o galardón e actuarán, o vindeiro martes 10 de outubro ás 20:30 horas, poderá facelo libremente, ata completar a capacidade do Auditorio de Galicia.

A Gala Ari(t)mar está organizada pola Escola Oficial de Idiomas, e conta co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, o Agrupamento de Cooperación Transfronteiriza Galiza – Norte de Portugal, a Deputación de A Coruña e o Instituto Camões.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.