fbpx

“LUGAR DE” de Rebeca Lar

When:
12 Febreiro, 2022 – 12 Marzo, 2022 all-day
2022-02-12T00:00:00+01:00
2022-03-13T00:00:00+01:00
Where:
Rúa das Rodas, 13, Santiago de Compostela, 15704
Os Catro Gatos
Cost:
Free

Baixo o título «LUGAR DE», Rebeca Lar (Vigo, 1993) presenta en Os Catro Gatos o seu proxecto máis recente, financiado polas Ayudas Injuve: unha investigación sobre memoria histórica, sobre as pegadas da guerra e da ditadura na provincia de Pontevedra.
As pezas expostas xorden dun recordo familiar da artista e da súa necesidade de achegarse a centos de historias esquecidas e enterradas. Cando soubo que os seus bisavós se salvaran, soubo tamén que outros moitos non. Preguntouse como vivira a súa terra aqueles tempos escuros, se chegaran as violencias, as represalias, se houbera fusilamentos, se había persoas desaparecidas. E comprendeu que a mellor testemuña dos asasinatos derivados da sublevación do 36 era a natureza. As árbores, as plantas, os arbustos e as pedras viron e escoitaron todos e cada un dos crimes sucedidos no noso país no último século, e moitos deses elementos permanecen, como as mortas e os mortos, nos lugares de morte…