fbpx
CompostelaEntrevistas

#SomosCompostela: A cafetería Lasso reabre adaptando o seu bufete libre á nova normalidade

Noa Díaz, no Lasso. Foto: Iván Barreiro

O 1 de setembro a cafetería Lasso, no Auditorio de Galicia, reabriu as súas portas tralo parón pola crise da Covid-19 modificando o seu servizo de bufete libre por un autoservizo pero mantendo a mesma oferta gastronómica: tres pratos fríos (ensaladas, cremas...) e un prato de culler, de carne, de peixe e vexetariano. A súa propietaria, Noa Díaz, explícanos que a única diferenza é que agora os produtos sérvense empratados individualmente e tapados, para manter así a máxima hixiene perante á pandemia que estamos a vivir. "De momento os clientes están contentos co cambio, dálles seguridade e están comendo igual", sinala.

Tamén modificaron a distribución das mesas, eliminando algunhas zonas de sofás e xogos, e adiantaron un pouco o horario das comidas, que comeza agora ás 13:30 horas de luns a venres. Seguen abrindo, ademais, polas tardes e as fins de semana que hai actuacións no Auditorio, desde unha hora antes do seu inicio.

Se queres saber máis sobre o seu funcionamento, non perdas a seguinte entrega da nosa sección #SomosCompostela.