fbpx

LA PANADERA

When:
21 Abril, 2022 @ 8:30 p.m. – 10:00 p.m.
2022-04-21T20:30:00+02:00
2022-04-21T22:00:00+02:00
Where:
Teatro Principal
Cost:
14 €

La Panadera conta a historia de Concha, unha muller de corenta anos, encargada dunha panadaría, casada, con dous fillos. Unha muller cunha vida tranquila e feliz que un día esperta coa noticia de que polas redes sociais corre un vídeo íntimo seu mantendo relacións sexuais cunha parella que tivo hai 15 anos. O vídeo sae agora á luz e esténdese de maneira incontrolada porque ese home fíxose famoso en Italia grazas a un reality televisivo.

A nudez, a rabia, a impotencia, a vergoña e a dor salpican a todos os seus seres queridos. Desde o seu pai, Ramón, un home de campo, nacido no trinta e oito, pasando polo seu fillo, Gael, un neno de once anos, ao que trata de ocultar o acontecido, pero que sabe manexar un computador infinitamente mellor que ela, ata o seu marido, Aitor, que tenta acompañar a Concha na dor, pero que non pode evitar deixarse invadir polo xuízo social.

As mensaxes cibernéticas sen piedade que, escondidas tras perfís sen nome, opinan, se mofan, e deshumanizan, chegan, e Concha terá que loitar para que o medo, a dor, as crenzas, o aprendido non a derroten.