fbpx

Festas do barrio de Matogrande. Concerto de Los Satélites e Sito Sedes

When:
29 Outubro, 2022 @ 8:00 p.m.
2022-10-29T20:00:00+02:00
2022-10-29T20:15:00+02:00
Where:
Barrio de Matogrande
Cost:
Free

O Concello segue adiante coa programación de festas nos barrios da cidade. A próxima cita será o día 29 deste mesmo mes en Matogrande. A festa en Matogrande contará con animación musical, cun concerto, ás oito da tarde, de Los Satélites e Sito Sedes.

Desta forma, o Goberno de Inés Rey segue adiante co seu programa de descentralización das festas, tras a celebración de citas musicais na meirande parte dos barrios da Coruña.

O Concello colabora coa Asociación de Veciños de Matogrande, que durante ese mesmo día promove tamén a celebración de sorteos solidarios, coa participación de distintos comercios da zona e destinando os ingresos a entidades sociais como a Liga Reumatolóxica Galega, Alcer, Poten100emos e Infancia Solidaria.