fbpx

Atlantic Pride

When:
2 Xullo, 2023 – 9 Xullo, 2023 all-day
2023-07-02T00:00:00+02:00
2023-07-10T00:00:00+02:00
Where:
Fundación Seoane, Praza de Pontevedra e Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña)

Con só catro anos de vida, o Atlantic Pride é xa unha cita consolidada dentro dos festivais nacionais, sendo referente do Orgullo do norte de España. Fiel ao seu espírito inicial, o festival presentou unha edición 2023 na que corrobora o seu liderado como cita imprescindible non só dentro do panorama LGTBI+, senón dentro do circuíto nacional de festivais de música.

Nesta edición 2023 a dirección do Atlantic Pride presenta oito días completos –do 2 ao 9 de xullo– con 35 artistas repartidos en tres escenarios diferentes: Fundación Seoane, Praza de Pontevedra e Xardíns de Méndez Núñez. Oito xornadas de actividade completamente gratuíta e accesible coa que se reivindica A Coruña como a cidade libre e acolledora que é, cunha programación na que, como a propia directiva da asociación Orgullo Coruña, organizadora do evento, explica, “todas as persoas teñen cabida, independentemente do seu xénero, sexo, identidade, preferencia afectiva ou sexual, idade, raza… A Coruña é unha cidade sen fronteiras, moderna e inclusiva, e este festival é a clara representación do que a cidade e a súa xente é”, explica Luís Pazos, “Licho”, presidente de ORCO, e director do festival xunto con Iván Cervo e César Pérez.

Cartel

O cartel deste ano reune a 35 artistas de distintos xéneros musicais con denominador común: a exaltación da diversidade. Atlantic Pride aposta neste 2023 por representantes locais con especial fincapé no drag, arte reivindicativa que actualmente está a sufrir censura en Estados Unidos.

Tamén será este o primeiro ano con presenza internacional, xa que actuarán Corona, Rozalla e Daisy Dee (Technotronic), recoñecidas figuras dos noventa. Deste xeito, o cartel contará de propostas emerxentes como as galegas Fillas de Cassandra, ou a streameada Vicco, con nomes nacionalmente recoñecidos, como La La Love You ou Nancys Rubias, a independencia sonora de artistas como Hidrogenesse ou Joe Crepúsculo, e a mirada vintage con bandas tan coñecidas como Locomía, Amistades Peligrosas ou Fórmula Abierta, que volven aos escenarios con toda a forza.

O cartel complétase cos nomes de Agoney, Soraya, FUTURACHICAPOP, Hydn, Laskaar, Melody, Mueveloreina e Nia Twee.

Participarán tamén un elenco de Drag Queens nacionais e galegas: Venedita Von Dash, Samantha Ballantines, Kelly Amethyst, Charlot Bennet, Lucía Cabrero, Kim Miller, Electra Paniculata, e tamén unha variedade de dj’s para amenizar as xornadas de celebración: Señora Dj, Morenomoreno Dj, Lana Suprema, Jëan Fixx, Dj90, Dj Licho, Gorllitox e Dj Flashback.

A programación volve, de novo, a comprometerse coa igualdade, unha aposta que logrou posicionar este festival como exemplo de responsabilidade, con nomeamento aos Iberian Festival Awards incluída.

Literatura e diversidade

O Atlantic Pride 2023 volve tamén apostar pola escritura, coa segunda edición do seu certame de Literatura LGTBI+ co club de lectura QUEERuña. Este certame pretende visibilizar as diversidades sexuais e de xénero e vivenciar as experiencias minorizadas de todas as persoas LGTBI+, e ofrece tres premios de 600, 300 e 100 euros aos mellores relatos presentados, que teñen de prazo ata o 30 de abril para achegar a súa candidatura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.