Mercado das Nubes
O Mercado Municipal de San Agustín, na Coruña, acolle o Mercado das Nubes.
Haberá 57 marcas locais, microempresas, deseño e creación roupa, vintage, fotografía, complementos, xoiería, deseño gráfico, ilustración, arte, cosmética natural, decoración, gastronomía gourmet, artesanía infrecuente e organizacións solidarias, entre outras.
Tamén haberá unha experiencia maridaxe con Estrella Galicia con produtos preparados por cociñeiros de Coruña Cociña. O sábado 17 de decembro a proposta de tapa será de Víctor Rubio, de Greca Bar, de 13.00 a 14.30 horas. O domingo, Álvaro Victoriano, de grupo Peculiar, no mesmo horario.
Ademais haberá música e sorteos de agasallos. O toque musical correrá a cargo de Javier Insua, e de Sophie Simonds, ademais de contar con sesións dj.